Axudas destinadas ao impulso da boa gobernanza nas entidades de xestión dos montes veciñais en man común e dos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo (PRTR). Prazo: 01-03-2024

Data: 

luns, 22 Xaneiro, 2024 (Todo o día) a venres, 1 Marzo, 2024 (Todo o día)

 

Consellería do Medio Rural 

Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas entidades de xestión dos montes veciñais en man común e dos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR651C).

BDNS (Identif.): 739653.

Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas destinadas a impulsar a boa gobernanza nas entidades de xestión dos montes veciñais en man común e dos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento administrativo MR651C).

2. Estas axudas ampáranse nas actuacións incluídas no investimento 4 (I4), Xestión forestal sustentable, do compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España e contribuirán ao cumprimento dos obxectivos asociados a esta, de acordo coa normativa reguladora do Mecanismo de recuperación e resiliencia e do Plan de recuperación a nivel europeo e nacional.

Entidades beneficiarias

As entidades beneficiarias son as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) e as xuntas xestoras ou asembleas de copropietarios dos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.

 Actuacións obxecto de axuda

1. Serán obxecto de axuda as seguintes actuacións:

Actuación para a revisión de esbozos das carpetas-ficha en montes veciñais e man común ou en montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.

Actuación para os deslindamentos parciais entre montes veciñais en man común e/ou montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.

Importe

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2024 e 2025, con cargo ao código de proxecto 14.03.713B.770.0. 2021 00179, por un importe de 490.000 € distribuídos do seguinte xeito:

– 392.000 €, ano 2024.

– 98.000 €, ano 2025.

2. Segundo as actuacións obxecto de axuda definidas no artigo 3, o crédito distribúese do seguinte xeito:

– Actuación de revisión de esbozos das carpetas-ficha: asígnase un crédito total de 294.000 €, que se distribúe como segue:

Para os montes veciñais e man común asígnase un crédito total de 205.800 €, importe que se reparte como segue: 164.640 € para o ano 2024 e 41.160 € para o ano 2025.

Para os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo asígnase un crédito total de 88.200 €, importe que se reparte como segue: 70.560 € para o ano 2024 e 17.640 € para o ano 2025.

– Actuación de deslindamentos parciais: asígnase un crédito total de 196.000 €, que se distribúe como segue:

Para os montes veciñais e man común asígnase un crédito total de 137.200 €, importe que se reparte como segue: 109.760 € para o ano 2024 e 27.440 € para o ano 2025.

Para os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo asígnase un crédito total de 58.800 €, importe que se reparte como segue: 47.040 € para o ano 2024 e 11.760 € para o ano 2025.

3. No caso de que, unha vez priorizados os expedientes que cumpran as condicións e criterios establecidos nesta orde, non se consuma a totalidade do importe establecido pola distribución de crédito arriba indicada para cada persoa beneficiaria ou actuación, os importes sobrantes pasarán a financiar, segundo sexa o caso, o outro beneficiario ou a outra actuación.

4. Sen prexuízo das contías indicadas anteriormente, existe a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso, o órgano concedente publicará esta ampliación nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

5. As actuacións subvencionables serán financiadas integramente pola Unión Europea a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, mediante o instrumento do Mecanismo de recuperación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEu, aprobado polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, investimento 4 (I4), Xestión forestal sustentable.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 739653): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural.

-Nos servizos de montes da xefatura territorial correspondente da Consellería do Medio Rural.

Descargas: