AXUDAS DESTINADAS Á COLABORACIÓN NO FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE ARQUIVOS. PRAZO: 23-04-2015

Data: 

martes, 24 Marzo, 2015 (Todo o día) a xoves, 23 Abril, 2015 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Obxecto e finalidade

O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras e convocar axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos.

As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

A finalidade da axuda serán as actividades que teñan por obxecto ben a organización de fondos documentais ou ben a mellora dos locais de arquivo.

Beneficiarios

Poderán optar a estas axudas as universidades, entes locais e as entidades sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado ao+++ arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 77 da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia.

Os proxectos presentados deberán seguir as recomendacións técnicas de arquivos dispoñibles no portal de arquivos de Galicia.

Financiamento e contía das axudas

1. As axudas convocadas para este ano terán unha contía total de setenta e sete mil setecentos corenta euros (77.740 €), que se imputarán aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015 nas seguintes aplicacións orzamentarias e contías:

– 09.20.432A.744.4: 20.300 €.

– 09.20.432A.760.0: 27.440 €.

– 09.20.432A.781.0: 30.000 €.

2. A concesión das axudas queda sometida á condición de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

3. A axuda máxima por beneficiario que concederá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria será de 6.000 € que, en ningún caso, poderá exceder o 80 % do investimento total aprobado.

4. Este importe de 6.000 € ascenderá a 8.000 € cando se trate de solicitudes conxuntas, é dicir, solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar).

5. O importe do crédito inicial poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo co artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Estas axudas son compatibles con outras axudas e subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, se o importe total que percibe o beneficiario non supera a porcentaxe máxima do investimento.

Prazo

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon DOG Nº. 55713.77 KB