AXUDAS DESTINADAS Á COLABORACIÓN NO FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE ARQUIVOS. PRAZO: 12-03-2021

Data: 

sábado, 13 Febreiro, 2021 (Todo o día) a venres, 12 Marzo, 2021 (Todo o día)

 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade 

Orde do 20 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT130A). BDNS (Identif.): 547975.

Obxecto

O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras e convocar axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos (código de procedemento CT130A).

A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.

As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Entidades beneficiarias

Os entes locais e as entidades privadas sen ánimo de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de cento corenta e cinco mil euros (145.000 €), coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:

10.40.432A.760.0: 110.000 €.

10.40.432A.781.0: 35.000 €.

Prazo 

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: