Data:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Orde do 15 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT130A). BDNS (Identif.): 665114.
Obxecto
O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras e convocar axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos (código de procedemento CT130A).
A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.
As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Entidades beneficiarias
Os entes locais e as entidades privadas sen ánimo de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
Importe
Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de cento corenta e cinco mil euros (145.000 €), coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:
10.04.432A.760.0: 110.000 €.
10.04.432A.781.0: 35.000 €.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 665114): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
-Na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: https://www.cultura.gal/gl/servizos
-Noo Portal de arquivos de Galicia: https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
DOG Nº. 244 - Axudas para actuacións en materia de arquivos. | 698.52 KB |
DOG Nº. 244 - EXTRACTO - Axudas para actuacións en materia de arquivos. | 429.95 KB |