Axudas destinadas á creación dunha rede de centros de capacitación dixital en entidades locais. Prazo: 22-07-2024

Data: 

sábado, 13 Xullo, 2024 (Todo o día) a luns, 22 Xullo, 2024 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Extracto da Resolución da Secretaría Xeral de Formación Profesional de data 10 de xullo de 2024 pola que se procede á convocatoria de ámbito estatal de axudas destinadas á creación dunha rede de centros de capacitación dixital en entidades locais para o exercicio económico do ano 2024, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, Financiado pola Unión Europea NextGenerationEU.

BDNS (Identif.): 774171

Obxecto 

Axudas destinadas á creación dunha rede de centros de capacitación dixital en entidades locais para o exercicio económico do ano 2024 no marco do PRTR, de acordo co disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, no Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu Regulamento, e ao amparo da Orde EFP/440/2023, do 24 de abril, pola que se crea a rede estatal de centros de capacitación dixital, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Finalidade

Desenvolvemento da rede estatal de centros de capacitación dixital. Estas subvencións financian a creación de 365 novos centros da rede estatal de centros de capacitación dixital en entidades locais e, en consecuencia, as accións formativas vinculadas á capacitación dixital da cidadanía impartidas nos devanditos centros.

Beneficiarios

Entidades locais territoriais, entidades públicas dependentes delas e organismos autónomos encargadas dos servizos educativos e programas de educación non formal de educación de adultos, formación profesional e/o formación para o emprego ou servizos análogos, constituídos ao amparo das normas reguladoras das Bases do 3 Réxime Local e segundo o disposto no artigo 85.bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

Bases reguladoras

Orde EFP/440/2023, do 24 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras e realízase a convocatoria para o ano 2023 para a creación dunha rede estatal de centros de capacitación dixital en entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Contía

Dotación total de 8.942.500,00 euros, sendo de 24.500,00 euros a contía da axuda por beneficiario.

Prazo de presentación de solicitudes

Dez días (10) naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 774171): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/774171

-Na Secretaría Xeral de Formación Profesional (Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes).

Descargas: