Data:
Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
Extracto da Resolución do 10 de decembro de 2025 da Presidencia do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación E.P.E. (CDTI), pola que se aproba a convocatoria para o ano 2025 de axudas destinadas a Ecosistemas de Innovación e Transferencia, vinculados ao Plan Complementario de Transferencia de Coñecemento, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do PEICTI 2024-2027.
BDNS (Identif.): 874651
Obxecto de axuda
Financiaranse actividades relacionadas coa realización de diagnósticos e estudos, incluíndo plans de traballo e follas de roteiro tecnolóxicas e de innovación compartidas entre diferentes comunidades autónomas, difusión, asesoramento e preparación de propostas de I+D+i, formación, promoción de capacidades científico-tecnolóxicas, xeración de redes e puntos de encontro entre axentes do ecosistema.
Serán obxecto de axuda as seguintes actividades vinculadas aos retos sociotécnicos establecidos no Anexo I da convocatoria, levadas a cabo pola agrupación solicitante:
a. Realización de análise e diagnósticos para a identificación de retos sociotécnicos e temáticas de interese para o supra-ecosistema. O deseño, concreción e planificación de follas de roteiro que permitan abordar problemáticas e retos sociotécnicos comúns.
b. Realización de actividades que posibiliten e reforcen a colaboración e a transferencia de coñecemento dentro e entre os ecosistemas rexionais afíns ou complementarios, contribuíndo a crear unha estrutura organizativa estable de carácter suprarregional, que aglutine a varias CCAA.
c. A organización de actividades de soporte como programas de formación, difusión, estimulación e talleres de asesoramento para fomentar a sensibilización, a transferencia de coñecemento, a capacitación e a cooperación, orientadas cara á innovación e novos modelos de desenvolvemento socioeconómico.
d. A definición, concreción e planificación de propostas de iniciativas de cooperación público-privada para a resolución dos retos identificados.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarios das axudas contempladas na convocatoria as agrupacións de persoas xurídicas nos termos establecidos nos artigos 3 e 4 da Orde CNU/161/2025, do 7 de febreiro, que poidan levar a cabo proxectos en cooperación.
As agrupacións deberán cumprir os seguintes requisitos:
Deberán estar constituídas por un mínimo de catro e un máximo de oito entidades, de entre as categorías de beneficiarios definidas no artigo 3.1 da Orde CNU/161/2025, do 7 de febreiro.
Deberán contar coa participación de, polo menos:
-Unha entidade das contempladas nas letras b) a g) do artigo 3.1 da Orde CNU/161/2025 do 7 de febreiro. Para estes efectos entenderanse incluídas nestas categorías as oficinas de transferencia de coñecemento inscritas no rexistro creado polo Real Decreto 984/2022, do 22 de novembro, polo que se establecen as Oficinas de Transferencia de Coñecemento e créase o seu Rexistro.
-Unha entidade das contempladas nas letras a) ou h) do artigo 3.1 da Orde CNU/161/2025, do 7 de febreiro (empresas e asociacións/fundacións, respectivamente). As asociacións e fundacións deberán ser representativas dun sector ou colectivo empresarial.
As sociedades mercantís, entendidas como as entidades contempladas na letra a) do artigo 3.1 da Orde CNU/161/2025, do 7 de febreiro, que participen nunha agrupación non poderán superar o 30% do orzamento elixible.
As actividades dentro da agrupación deberán estar equilibradas, de modo que ningún participante teña unha participación inferior ao 10% nin superior ao 70% do orzamento elixible.
Todos os integrantes da agrupación deberán cumprir os requisitos esixidos para ser beneficiario.
Bases reguladoras
Orde CNU/161/2025, do 7 de febreiro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas polo CDTI, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación (PEICTI) 2024-2027.
Características e contía das axudas
As axudas desta convocatoria consistirán en subvencións. A contía individualizada das axudas determinarase en función do custo financiable real da actuación, da dispoñibilidade orzamentaria, da porcentaxe máxima de cofinanciamento FEDER segundo a rexión de desenvolvemento de acordo co artigo 4.5 da convocatoria, e a contía máxima dispoñible de fondos FEDER en cada rexión, segundo o establecido no artigo 4.3 da convocatoria. En calquera caso, a subvención para conceder por beneficiario non será inferior ao 25% do orzamento elixible.
As axudas que se outorguen en virtude a convocatoria terán a consideración de axudas de minimis, polo que respectarán as consideracións establecidas no Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, que establece que o importe total das axudas de minimis outorgadas a unha única empresa non pode exceder de 300 000 euros durante calquera período de tres anos. Non se concederán axudas ao amparo doutros regulamentos aplicables ás axudas de minimis.
Financiamento
A contía total máxima desta convocatoria ascende a 14.282.014,00 euros, que se financiarán con cargo ao patrimonio do CDTI e fondos FEDER 2021-2027.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes e documentación anexa comezará o día 17 de decembro de 2025 e finalizará o 12 de febreiro de 2026 ás 12:00 horas do mediodía, hora peninsular.
Máis Información
-Na Base de Datos Nacional de Subvenciones (BDNS Identif.: 874651): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/874651
-No Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación E.P.E.

Sede Electrónica