AXUDAS DESTINADAS ÁS ENTIDADES LOCAIS RESPONSABLES DE SISTEMAS DE ABASTECEMENTO Á POBOACIÓN PARA A REDACCIÓN DE PLANS DE EMERXENCIA ANTE SITUACIÓNS DE SECA. PRAZO: 24-07-2019

Data: 

martes, 25 Xuño, 2019 (Todo o día) a mércores, 24 Xullo, 2019 (Todo o día)

 

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á poboación para a redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento AU100A). BDNS (Identif.): 462309).

Obxecto e finalidade

1. O obxecto desta resolución é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á poboación da Comunidade Autónoma de Galicia para redactar plans de emerxencia ante situacións de seca, e convocar estas axudas para o ano 2019 (código de procedemento AU100A).

2. A finalidade das axudas é que as entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á poboación conten cun instrumento básico de planificación para xestionar os posibles episodios de seca, de tal xeito que se garanta o abastecemento á poboación e se fomente o emprego eficiente dos recursos hídricos.

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os concellos, mancomunidades e consorcios responsables dos sistemas de abastecemento á poboación. Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de concellos, que a través dun convenio ou outro instrumento xurídico, xestionen conxuntamente un sistema de abastecemento.

Importe

As axudas financiaranse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de douscentos cincuenta mil euros (250.000 €), distribuídos nas seguintes anualidades:

– 2019: 150.000 euros.

– 2020: 100.000 euros.

O importe das axudas será do 80 % do investimento subvencionable, co límite máximo de quince mil euros (15.000 €) por solicitude (IVE incluído), ata esgotar o crédito referido no punto anterior.

Prazo 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Descargas: