AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN DO PATRIMONIO BIBLIOGRÁFICO E A SÚA DIFUSIÓN E PRESERVACIÓN MEDIANTE REPOSITORIOS. PRAZO: 29-04-2017

Data: 

venres, 31 Marzo, 2017 (Todo o día) a sábado, 29 Abril, 2017 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Extracto da Resolución do 17 de marzo de 2017, da Secretaría de Estado de Cultura, pola que se convocan axudas á dixitalización do patrimonio bibliográfico e a súa difusión e preservación mediante repositorios. BDNS (Identif.): 339676.

Obxecto e finalidade

Axudas a proxectos de dixitalización de bens que formen parte do Patrimonio Bibliográfico, conforme ao establecido no artigo 50.1 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, ou que gocen dun especial interese bibliográfico. Estes bens han de estar no dominio público ou, no seu caso, as entidades solicitantes das axudas han de posuír os dereitos de explotación necesarios sobre os mesmos, de acordo co Real Decreto 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual.

A finalidade perseguida é a creación de recursos dixitais mediante a dixitalización, así como a asignación de datos e metadatos que codifiquen as súas descricións e permitan a súa carga nun repositorio OAI-PMH, e a súa posterior agregación no recolector «Hispana» do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e en «Europeana».

Bases reguladoras

Orde CUL/2912/2010, do 10 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións públicas do Ministerio de Cultura en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios

Comunidades autónomas e organismos e entidades con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes delas, así como universidades públicas españolas.

Entidades locais españolas e organismos e entidades con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes delas.

Entidades privadas sen fins de lucro de nacionalidade española e reais academias.

Importe

O importe máximo imputable á subvención será de 439.000 €. As axudas concedidas sufragaranse con cargo aos créditos das aplicacións 18.13.332B.454.02 (CCAA e universidades públicas 284.000 €), 18.11.332B.463 (Entidades locais 75.000 €) e 18.11.332B.480 (Entidades privadas sen fins de lucro e reais academias 80.000 €) do Orzamento de Gastos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para 2017.

Cada entidade solicitante só poderá presentar unha solicitude e a contía da axuda solicitada deberá ser inferior a 60.000 euros. O solicitante deberá achegar como financiamento propio como mínimo o 15% do custo total do proxecto.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no «Boletín Oficial do Estado».

Descargas: 

galer_a_fotos