AXUDAS ECONÓMICAS A CORPORACIÓNS LOCAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS. PRAZO: 03-10-2019

Data: 

domingo, 15 Setembro, 2019 (Todo o día) a xoves, 3 Outubro, 2019 (Todo o día)

 

Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social

Extracto da Resolución do 11 de setembro de 2019, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais, pola que se convoca en 2019 a concesión de axudas económicas a corporacións locais para o desenvolvemento de programas de prevención das drogodependencias, con cargo ao Fondo de bens comisados por tráfico ilícito de drogas e outros delitos relacionados. BDNS (Identif.): 472975.

Obxecto

Convocatoria de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, a corporacións locais españolas, co obxectivo de fomentar a realización de programas de prevención do consumo de drogas no ámbito local e das actividades delituosas asociadas ao mesmo, así como de prevención doutras adiccións.

Bases Reguladoras

Orde SSI/1061/2017, do 31 de outubro, publicada no Boletín Oficial do Estado do 3 de novembro de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras das convocatorias para a concesión de axudas económicas a corporacións locais para o desenvolvemento de programas de prevención das drogodependencias, con cargo ao Fondo de bens comisados por tráfico ilícito de drogas e outros delitos relacionados.

Beneficiarios

Entidades locais representadas polas corporacións locais que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser capitais de provincia ou de comunidade autónoma, ou tratarse de Cabidos ou Consellos insulares, ou municipios que teñan unha poboación de dereito igual ou superior a 100.000 habitantes, segundo o Padrón Municipal, na data da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

b) Ter elaborado un Plan de Drogas ou Adiccións no seu ámbito territorial, en vigor na data da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Non poderán solicitar estas axudas aquelas corporacións locais das referidas anteriormente, nas que concorra algunha das causas de exclusión ás que se refire o artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Importe

O importe para financiar estas axudas será de 4.500.000 euros, con cargo ao crédito 26.18.231-A.462, dos Orzamentos Xerais do Estado para 2018, prorrogados para o ano 2019.

Prazo

O prazo da presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado. 

Descargas: