Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro. Prazo: 31-07-2025

Data: 

mércores, 11 Xuño, 2025 (Todo o día) a xoves, 31 Xullo, 2025 (Todo o día)

 

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Orde do 26 de maio de 2025 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (códigos de procedemento ED314E e ED314D).

BDNS (Identif.): 838189.

Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas destinadas a subvencionar o funcionamento dos seguintes centros:

a) Escolas de música das cales sexan titulares os concellos (código de procedemento ED314E).

b) Escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que non conduzan a títulos académicos ou profesionais (código de procedemento ED314D).

Entidades beneficiarias

1. Poderán solicitar estas axudas as persoas titulares das escolas de música sinaladas no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

2. Estes centros deberán estar radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas destinaranse ao desenvolvemento das súas actividades docentes desde o 1 de xaneiro ata o 30 de xuño de 2025.

Contía das axudas

1. Para as escolas de música dependentes de concellos a contía máxima da axuda por entidade beneficiaria non poderá superar a cantidade de nove mil euros (9.000 euros).

2. Para as escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro a contía máxima da axuda por entidade beneficiaria non poderá superar a cantidade de nove mil euros (9.000 euros).

3. O importe total máximo poderá ser ampliado ao abeiro do establecido no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes

Desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xullo de 2025.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 838189): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/838189

-Na Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas.

-Na Dirección Xeral de Formación Profesional.

 

Descargas: