Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares para o curso escolar 2026/27. Prazo: 30-09-2026

Data: 

sábado, 1 Agosto, 2026 (Todo o día) a mércores, 30 Setembro, 2026 (Todo o día)

 

Fondo Galego de Garantía Agraria

Resolución do 21 de xullo de 2026 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2026/27 (códigos de procedemento MR265B e MR265C).

BDNS (Identif.): 921719.

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do réxime de axudas destinadas á subministración, incluídos os custos de loxística e repartición, ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia, de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo, recollidas nesta resolución.

Igualmente é obxecto desta resolución a convocatoria das devanditas axudas para o curso escolar 2026/27, consonte o disposto no Regulamento (UE) nº 2016/791 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de maio de 2016, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1308/2013 e (UE) nº 1306/2013 no que se atinxe ao réxime de axudas para a distribución nos centros escolares de froitas e hortalizas, plátanos e leite, e no Regulamento (UE) nº 2016/795 do Consello, do 11 de abril de 2016, que modifica o Regulamento (UE) nº 1370/2013 polo que se establecen medidas relativas á fixación de axudas e restitucións en relación coa organización común de mercados dos produtos agrícolas, e os regulamentos que os desenvolven e complementan.

A axuda abrangue dous procedementos diferenciados: o procedemento MR265B, de solicitude de axuda para a subministración de produtos aos centros escolares, e o procedemento MR265C, de solicitude de pagamento da axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.

Mediante esta resolución convócanse para o curso escolar 2026/27, en réxime de concorrencia non competitiva, consonte o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as axudas para a subministración, ao alumnado de centros escolares, dos produtos sinalados no anexo I desta resolución.

Persoas destinatarias

Será destinatario final da axuda o alumnado que asista regularmente aos centros ou establecementos escolares, administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, que pertenza aos seguintes niveis de ensino:

a) Educación infantil de segundo ciclo.

b) Educación primaria.

c) Educación secundaria, que comprenderá a educación secundaria obrigatoria (ESO), o bacharelato e a formación profesional básica e de grao medio.

As persoas destinatarias poderán recibir a axuda unicamente durante os días lectivos de desenvolvemento do curso escolar.

Persoas solicitantes da axuda para a subministración e distribución dos produtos

1. Poderán solicitar a axuda os centros escolares que pertenzan aos niveis de ensino citados no artigo 2 que teñan a súa sede na Comunidade Autónoma de Galicia e reúnan os requisitos establecidos nesta resolución.

Para poder participar no programa escolar as persoas solicitantes deberán asumir os compromisos que figuran no anexo II.

2. Para os efectos da aplicación da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, será persoa beneficiaria da axuda unha persoa solicitante que fose aprobada para participar no Programa no curso escolar 2026/27, de acordo co establecido nesta resolución.

3. Non se lle poderá conceder a axuda a aqueles centros educativos que estean incursos nalgunha das causas de prohibición que impiden obter a condición de persoa beneficiaria previstas na normativa aplicable en materia de subvencións.

4. Para os efectos de xustificar o cumprimento dos requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas solicitantes asinarán unha declaración de cumprimento dos ditos requisitos, que se contén no anexo II desta resolución.

Importe

O importe máximo aplicable ao produto é o establecido no anexo I da resolución.

Produtos que se subvencionan e restricións

1. Serán obxecto de distribución obrigatoria no programa escolar os dous grupos de produtos:

a) Froitas frescas e castañas.

b) Leite líquido de consumo e as súas versións sen lactosa.

2. A axuda da Unión concederase unicamente para os produtos a que se refire o anexo I.

3. Os produtos non poderán ser obxecto de distribución no marco das comidas escolares.

4. Os centros escolares que desexen participar deberán facelo obrigatoriamente distribuíndo entre o alumnado os dous grupos de produtos (froitas e leite).

5. Os produtos distribuídos serán sempre de excelente calidade. No caso das froitas frescas, serán preferentemente de tempada, atoparanse no seu grao óptimo de madureza de consumo, serán consumidas no seu estado natural e non poderán someterse a ningún procesamento, incluído a elaboración de zume. A castaña consumirase cocida ou asada.

Período de subministración, calendario de distribución e racións

1. A subministración dos produtos nos centros escolares farase durante un ou os dous seguintes períodos de repartición autorizados:

1º período: desde o mes de novembro de 2026 ata o mes de febreiro de 2027 (ambos incluídos).

2º período: desde o mes de marzo ata o mes de xuño de 2027 (ambos incluídos).

A distribución de froitas frescas e castañas levarase a cabo, para cada un dos períodos autorizados, durante dez (10) días lectivos consecutivos.

A distribución de leite líquido de consumo levarase a cabo, para cada un dos períodos autorizados, durante un mínimo de dez (10) días lectivos consecutivos.

O órgano competente poderá autorizar unha variación dos días de distribución por causas xustificadas.

2. A ración máxima de consumo por alumno/a e día é de:

a) Froitas frescas e castañas: 0,17 kg.

b) Leite líquido de consumo e as súas versións sen lactosa: 200 cc.

Prazo de presentación de solicitudes de axuda

O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2026 (incluído).

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 921719): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/921719

-Na Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

Descargas: