AXUDAS ENCAMIÑADAS Á HABILITACIÓN E MELLORA DE INFRAESTRUTURAS DOS PARQUES EMPRESARIAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2016. PRAZO: 22-02-2016

Data: 

mércores, 20 Xaneiro, 2016 (Todo o día) a luns, 22 Febreiro, 2016 (Todo o día)

 

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN519B).

Obxecto e réxime das subvencións

1. Estas bases teñen por obxecto a mellora dos servizos e o acondicionamento de infraestruturas existentes ou de nova incorporación co fin de que as empresas radicadas nos parques empresariais de Galicia poidan dispoñer de condicións máis competitivas para desenvolver a súa actividade económica.

2. Os proxectos a subvencionar ao abeiro desta convocatoria deberán desenvolverse ao longo do ano 2016.

3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios

Os beneficiarios das axudas serán os concellos que realicen investimentos, dentro do seu ámbito territorial, de acordo co obxecto desta orde, para a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais implantados no seu termo municipal ou nos termos municipais limítrofes. As solicitudes poderanse presentar individualmente ou de forma conxunta baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar), aos efectos do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non poderán obter a condición de beneficiario as persoas ou entidades nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ademais, só poderán ser beneficiarios os concellos que cumprisen co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, de acordo co disposto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro.

Actuacións e gastos subvencionables

1. Constitúen o obxecto destas axudas as seguintes tipoloxías de actuacións:

a) A dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía dos que se derive un aforro con relación aos existentes no parque e que sexan eficientes desde o punto de vista enerxético consonte ao estado actual da técnica; os proxectos poderán incluír, ou ter como obxecto, a xeración de enerxía eléctrica mediante enerxías renovables como a fotovoltaica ou a minieólica, entre outras.

b) Novas plantas de depuración de augas (b.1); os proxectos poderán incluír, ou ter como obxecto, os colectores con verquido á depuradora municipal (b.2).

c) Xestión de residuos.

d) Infraestruturas viarias, tanto de acceso como interiores ao parque empresarial.

e) Instalación de sistemas de seguridade e vixilancia.

f) Instalacións comúns destinadas á loita contraincendios dentro do parque empresarial.

g) Instalación de sistemas contra o roubo de cable.

2. Período de gasto subvencionable admitido: consideraranse subvencionables tódolos gastos realizados dende o 1 de xaneiro de 2016 e ata a data de xustificación do investimento.

3. Non se valorarán a efectos de investimento, os gastos que se realicen en pago de licenzas, gastos sometidos a aranceis ou os correspondentes a investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro. Os tributos son gasto subvencionable cando o beneficiario da subvención os aboa efectivamente. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos, salvo que se acredite que non son susceptibles de recuperación ou compensación, ni os impostos persoais sobre a renda.

4. Considerarase subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable polo solicitante.

5. De acordo co artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos realizados os efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación previsto nas bases reguladoras.

6. Ademais, consideraranse gastos realizados, de acordo co disposto no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, cando se teña contabilizado o recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local.

Financiamento

As axudas reguladas por esta orde teñen a natureza xurídica de subvencións.

Con carácter xeral, a intensidade das axudas será dun 80 % do importe total considerado como subvencionable e cun máximo de 120.000 euros por solicitude.

Para as solicitudes conxuntas, a contía porcentual máxima incrementarase nun 15 % con respecto ao caso xeral e cunha contía máxima de 180.000 euros por solicitude.

As intensidades de axuda poderán ser inferiores as sinaladas no caso de que un grupo de solicitudes valoradas coa mesma puntuación esgoten o crédito dispoñible, neste caso prorratearase o crédito de xeito proporcional aos investimentos subvencionables das solicitudes implicadas.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 20 de xaneiro de 2016 ao 22 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon DOG Nº. 248716.95 KB