Data:
Consellería de Economía e Industria
Orde do 7 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN519B).
BDNS (Identif.): 812970.
Obxecto
Mellora dos servizos e acondicionamento de infraestruturas existentes ou de nova incorporación, co fin de que as empresas radicadas nos parques empresariais de Galicia poidan dispoñer de condicións máis competitivas para desenvolver a súa actividade económica.
Beneficiarios
Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. As solicitudes poderanse presentar individualmente ou de forma conxunta baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar).
Contía
Importe total da convocatoria: 3.032.718,00 euros.
Intensidade das axudas: 80 % do importe total considerado como subvencionable, cun máximo de 120.000,00 € para as solicitudes individuais e de 138.000,00 € para as solicitudes conxuntas.
Poderase anticipar ata o 25 % do importe da subvención concedida.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 812970): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
-Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN519B, poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da consellería (https://cei.xunta.gal).
b) No teléfono 981 54 55 72 de servizos centrais.
c) Presencialmente.






Sede Electrónica