AXUDAS FOMENTO TRANSVERSALIDADE DE XÉNERO NAS POLÍTICAS PÚBLICAS LOCAIS DE IGUALDADE. PRAZO 01-06-2023

Data: 

venres, 12 Maio, 2023 (Todo o día) a xoves, 1 Xuño, 2023 (Todo o día)

 

No marco  do Convenio subscrito o 31 de marzo de 2023, entre o Instituto das Mulleres (IMs) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), achéganse as Bases da Convocatoria de Axudas a Entidades Locais para o desenvolvemento de accións dirixidas a fomentar a transversalidade do enfoque de xénero na planificación e desenvolvemento das políticas públicas locais, con especial incidencia na implementación e desenvolvemento de medidas de conciliación e corresponsabilidade, que contribúan a facilitar a atención e o coidado de menores, persoas maiores e/o dependentes e de colectivos especialmente vulnerables, así como o desenvolvemento de plans de emprego con perspectiva de xénero no ámbito municipal. 
 
As Entidades Locais que concorran á presente convocatoria pública deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Estar asociadas á FEMP.
  2. Ter unha poboación inferior a 100.000 habitantes.
  3. Realizar accións específicas destinadas á posta en marcha de plans de emprego que inclúan a perspectiva de xénero, dirixidos a reducir o desequilibrio no acceso ao mercado de traballo, fomentando a igualdade de xénero como factor de desenvolvemento local e de benestar da poboación en xeral, polo menos, desde o ano 2021.
  • Prazo para a presentación de solicitudes: do 12 de maio ao 1 de xuño, ambos inclusive. 
  • Como presentar a solicitude: cumprimentar e asinar os 4 anexos, e remitilos por correo electrónico a: igualdad@femp.es .