A Fundación Iberdrola, dentro do seu programa de bolsas, lanza unha nova convocatoria de axudas á investigación en Enerxía e Medioambiente para o ano académico 2015-2016. Esta convocatoria está dirixida a investigadores de nacionalidade española, que estean realizando o vaian realizar un proxecto de investigación nunha universidade ou centro de investigación dentro do territorio español, nas seguintes áreas de coñecemento:
Enerxías renovables
Sistema enerxético sostible
Medioambiente
Tecnoloxías limpas de carbón e xestión de emisións
Eficiencia enerxética
Almacenamento de enerxía
Vehículo eléctrico
Redes de distribución intelixentes
A duración da axuda será como máximo dun ano natural. No proceso de selección valoraranse aspectos como as cualificacións académicas, o currículo, as cartas de referencia que presenten os aspirantes, así como a innovación, a calidade científico-técnica, a viabilidade e a aplicabilidade do proxecto.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de marzo de 2015.
+ INFO: Ayudas a la Investigación en Energía y Medio Ambiente. Convocatoria 2015-2016