AXUDAS PARA ACCIÓNS SILVÍCOLAS DE PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS E PARA O INCREMENTO DA CAPACIDADE DE ADAPTACIÓN E DO VALOR AMBIENTAL DOS ECOSISTEMAS FORESTAIS. AMPLIACIÓN PRAZO: 04-05-2021

Data: 

luns, 1 Marzo, 2021 (Todo o día) a martes, 4 Maio, 2021 (Todo o día)

 

Consellería do Medio Rural 

Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR605A). BDNS (Identif.): 549180.

Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento administrativo MR605A), e se convocan para o ano 2021, a través de dúas liñas de axuda.

2. As dúas liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:

a) Liña I (medida Feader 8.3): axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas) coa finalidade de prevención de incendios.

b) Liña II (medida Feader 8.5): axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.

 Beneficiarios

1. Serán beneficiarios as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do arrendatario do terreo a un terceiro.

2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas, as entidades locais e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.

 Importe

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2021 e 2022, con cargo aos seguintes códigos de proxecto:

a) 14.03.713B.770.0.2016 00209 por un importe de 9.000.000 € distribuídos do seguinte xeito:

– 900.000 € ano 2021.

– 8.100.000 € ano 2022.

Dentro de cada tipo de beneficiario, excepto entidades locais, segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

-– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).1º (rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm): 450.000 € para o ano 2021, 4.050.000 € para o ano 2022.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).2º (rozas e podas en masas de coníferas): 450.000 € para o ano 2021, 4.050.000 € para o ano 2022.

b) 14.03.713B.770.0.2016 00210 por un importe de 4.000.000 € distribuídos do seguinte xeito:

– 400.000 € ano 2021.

– 3.600.000 € ano 2022.

Dentro de cada tipo de beneficiario, excepto entidades locais, segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 200.000 € para o ano 2021, 1.800.000 € para o ano 2022.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros): 200.000 € para o ano 2021, 1.800.000 € para o ano 2022.

c) 14.03.713B.760.0.2016 00209 só para entidades locais por un importe de 72.000 € distribuídos do seguinte xeito:

– 30.000 € ano 2021.

– 42.000 € ano 2022.

Segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

-– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).1º (rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm): 15.000 € para o ano 2021, 21.000 € para o ano 2022.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).2º (rozas e podas en masas de coníferas): 15.000 € para o ano 2021, 21.000 € para o ano 2022.

d) 14.03.760.0.2016 00210 só para entidades locais por un importe de 48.000 € distribuídos do seguinte xeito:

– 20.000 € ano 2021.

– 28.000 € ano 2022.

Segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 10.000 € para o ano 2021, 14.000 € para o ano 2022.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros): 10.000 € para o ano 2021, 14.000 € para o ano 2022.

2. A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 % calculándose a axuda sobre o custo real subvencionable do investimento determinado no correspondente proxecto técnico ou no anexo IV, segundo o caso e tendo en conta o anexo XII en que figura o cadro de importes máximos subvencionables por cada tipo de actuación.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Modificación do prazo de presentación de solicitudes (DOG Nº: 64 - publicado o 07/04/2021)

Modifícase o número 1 do artigo 12 no referente ao prazo de presentación de solicitudes, que pasa a ser de corenta e cinco días hábiles.

Descargas: