Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia en réxime de concorrencia non competitiva. Prazo: do 20-01-2025 ao 28-02-2025

Data: 

xoves, 16 Xaneiro, 2025 (Todo o día) a venres, 28 Febreiro, 2025 (Todo o día)

 

Instituto de Estudos do Territorio

Resolución do 11 de decembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia, e se establece a súa convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2025 (código de procedemento MT402B), tramitado como expediente anticipado de gasto.

BDNS (Identif.): 806839.

Obxecto

As subvencións teñen por obxecto a corrección de impactos paisaxísticos producidos tanto por edificios de titularidade municipal como por outros equipamentos e bens de titularidade municipal na súa contorna, debido ao seu inadecuado aspecto exterior, todo isto en congruencia cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e cos obxectivos e criterios que expresan as directrices de paisaxe de Galicia. Os gastos subvencionables son os indicados no punto cuarto.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarios desta subvención aqueles concellos de Galicia, de forma individual, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Que teñan menos de 20.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en data 1 de xaneiro de 2023, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.

b) Que cumprisen coa obriga anual de remisión das contas do concello ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Contía

Destínase crédito por importe total dun millón de euros (1.000.000 €), financiado con fondos propios da Comunidade Autónoma.

O importe da subvención será:

Liña I: 70 % do orzamento do investimento subvencionable (orzamento aceptado polo Instituto de Estudos do Territorio), co límite máximo de 20.000 € por concello.

Liña II: 70 % do orzamento do investimento subvencionable (orzamento aceptado polo Instituto de Estudos do Territorio), co límite máximo de 20.000 € por concello.

Outros datos

Sen prexuízo dos demais requisitos establecidos na resolución, cada concello poderá presentar unha única solicitude, en que poderá pedir unha axuda por cada unha das liñas existentes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que irá acompañado dos documentos que se especifican no punto oitavo da resolución.

Para os efectos da concesión das axudas, terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes, validamente presentadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia ata que se esgote o orzamento da convocatoria. Considerarase data de presentación válida aquela en que o expediente sexa presentado completo e consten nel a solicitude, correctamente cuberta, e toda a documentación complementaria exixida nesta resolución. Así mesmo, considerarase esgotado o orzamento cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe total do crédito desta convocatoria. Nese caso, e sempre antes da data máxima sinalada neste punto, poderanse seguir rexistrando solicitudes en lista de reserva provisional, as cales serán atendidas por rigorosa orde de entrada, supeditadas a que se produzan desestimacións ou revogacións das solicitudes de axuda previas. O esgotamento do crédito comportará a inadmisión de todas aquelas solicitudes que se instrúan con posterioridade, do mesmo xeito que se inadmitirán todos aqueles expedientes que non teñan entrada na sede electrónica de Galicia.

Non serán admitidas a trámite, en ningún caso, as solicitudes presentadas fóra do prazo e de forma distinta da que se establece na resolución.

Unha vez acreditada a aceptación da subvención, co obxectivo de acadar unha maior eficacia e eficiencia na xestión destas achegas e se así o solicita a entidade beneficiaria, poderase facer efectivo, en concepto de pagamento anticipado, ata o 70 % do importe da subvención concedida.

A data límite para a xustificación da subvención será o 30 de setembro de 2025.

Recibida a documentación xustificativa, os órganos competentes do Instituto de Estudos do Territorio poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase en 7 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes poderanse presentar desde as 12.00 horas do referido día.

O prazo de presentación rematará o día 28 de febreiro de 2025 e en ningún caso será inferior a un mes.

DOG Nº. 9 (public. 15-01-2025) CORRECCIÓN DE ERROS

Advertidos erros no citado extracto publicado no Diario Oficial de Galicia número 5, do xoves 9 de xaneiro de 2025, cómpre realizar as seguintes correccións.

Na páxina 1225, onde di:

«Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Debe dicir:

«Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase en 7 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes poderanse presentar desde as 12.00 horas do referido día».

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 806839): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index

-No Instituto de Estudos do Territorio.

 

Descargas: