AXUDAS PARA ACTUACIÓNS ENCAMIÑADAS Á PROTECCIÓN DOS ANIMAIS DOMÉSTICOS DE COMPAÑÍA ABANDONADOS EN GALICIA. PRAZO: 15-09-2023

Data: 

martes, 20 Decembro, 2022 (Todo o día) a venres, 15 Setembro, 2023 (Todo o día)

 

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2023 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT811A). BDNS (Identif.): 662720.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia, relativas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que se encontren nos centros de recollida autorizados e/ou formen parte de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2023 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT811A).

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades locais que no seu ámbito territorial correspondente presten o servizo de recollida e acollemento de animais e/ou a xestión de colonias felinas por si mesmas ou asociadas, en réxime de xestión directa ou indirecta mediante a súa contratación con empresas privadas autorizadas para ese fin.

Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de entidades locais (agrupación, asociación, mancomunidade, consorcio, fusión ou calquera outra similar).

Contía

O importe asignado é de douscentos trinta mil euros (230.000 €), sen prexuízo do incremento orzamentario que se poida realizar con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Actuacións subvencionables

1. Serán actuacións subvencionables ao abeiro desta orde de axudas aquelas destinadas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que se encontren nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, e relativos:

a) Aos gastos derivados do acto clínico para a esterilización cirúrxica dos animais coa dobre finalidade de evitar a súa reprodución incontrolada e a promoción da súa adopción.

b) Aos gastos derivados do acto clínico para a identificación animal mediante a implantación de microchip, correspondente inscrición no Regiac e expedición de pasaporte sanitario, de acordo co recollido no artigo 12 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.

c) Aos gastos derivados da manutención dos animais derivados da compra de alimento comercial seco e/ou húmido específico, coa finalidade de acadar un estado nutricional óptimo.

d) Aos gastos derivados da aplicación das medidas profilácticas necesarias para garantir o bo estado físico e sanitario do animal e a prevención de enfermidades infecto-contaxiosas, relativos á vacinación preventiva e á desparasitación externa e interna dos animais.

2. Non será obxecto de subvención o imposto do valor engadido (IVE).

3. En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da acción subvencionable.

Ámbito temporal

As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que sexan efectivamente realizados no período comprendido entre o 1 de se-tembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de setembro de 2023.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 662720): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/inditex

-Na Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

 

Descargas: