Data:
Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana
Extracto da Orde do 20 de xullo de 2023 pola que se convocan axudas para financiar traballos de conservación ou enriquecemento de bens inmobles do Patrimonio Histórico Español, dentro do "Programa 2% Cultural" do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
BDNS (Identif.): 709324
Obxecto
Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para financiar traballos de conservación ou enriquecemento de bens inmobles do Patrimonio Histórico Español, dentro do "Programa 2% Cultural" do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
Beneficiarios
Poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aquelas persoas ou entidades, públicas ou privadas sen ánimo de lucro, que ostenten a titularidade dun inmoble que cumpra cos requisitos establecidos no artigo 3 da orde de bases reguladoras.
Bases Reguladoras
A presente convocatoria regúlase pola Orde FOM/1932/2014, do 30 de setembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para actuacións de conservación ou enriquecemento do Patrimonio Histórico Español, con cargo aos recursos procedentes das obras públicas financiadas polo Ministerio de Fomento e pola Entidades do sector público dependentes ou vinculadas (BOE do 22 de outubro de 2014).
Contía
Estas axudas financiaranse con cargo ao crédito consignado nas aplicacións orzamentarias 17.10.261O.748; 17.10.261O.751 e 17.10.261O.764 do Orzamento de Gastos da Dirección Xeral de Axenda Urbana e Arquitectura do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, por un importe máximo total de 80.000.000€.
A contía total das axudas axustarase ás seguintes anualidades correspondentes ao crédito retido, aínda que estas poderán ser obxecto de reaxuste:
2024: 50.000.000,00€
2025: 30.000.000,00€
De acordo co establecido no artigo 56.2 do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, dada a tramitación anticipada da convocatoria, esta contía total máxima ten carácter estimado, e a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.
Prazo de presentación de solicitudes
Os suxeitos que se atopen obrigados á presentación da solicitude por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.1 e 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, deberán presentar a solicitude por vía telemática, no prazo contido entre o 1 de setembro e o 15 de outubro de 2023, ambas as datas incluídas.
Máis Información
-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 709324): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/709324
-Na Secretaría de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
-As solicitudes axustaranse ao formato e contido especificado no artigo 4 da mencionada Orde FOM/1932/2014, do 30 de setembro.
-Poderán presentarse a través da seguinte dirección: https://sede.mitma.gob.es, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e a Orde FOM/2574/2010, do 16 de setembro, pola que se crea e regula o Rexistro Electrónico do Ministerio de Fomento, ou por calquera outro rexistro público electrónico conforme ao artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Sede Electrónica