AXUDAS PARA A CONSERVACIÓN, PROTECCIÓN E MELLORA DAS ÁRBORES E FORMACIÓNS INCLUÍDAS NO CATÁLOGO GALEGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS. PRAZO: 16-01-2023

Data: 

sábado, 17 Decembro, 2022 (Todo o día) a luns, 16 Xaneiro, 2023 (Todo o día)

 

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda 

Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2023 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B). BDNS (Identif.): 662716.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como convocalas para o ano 2023 (código de procedemento MT804B) destinadas ás entidades locais.

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as entidades locais, propietarias de elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras na data de publicación desta orde. Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de entidades locais (agrupación, asociación, mancomunidade, consorcio, fusión ou calquera outra similar).

Contía

O importe asignado é de trinta mil euros (30.000,00 €), sen prexuízo do incremento orzamentario que se poida realizar con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Ámbito temporal

As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que sexan realizados desde a certificación de non inicio ata o 30 de setembro de 2023.

En ningún caso se poderán ter iniciado as actividades antes da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. É condición indispensable que, con anterioridade ao comezo das actuacións, o Servizo de Patrimonio Natural da xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda correspondente expida unha certificación de non inicio para todas as actuacións subvencionables incluídas no artigo 2, agás as descritas na alínea e), que será realizada de oficio a partir do momento da recepción da solicitude da axuda.

Actividades subvencionables

1. Serán actuacións subvencionables ao abeiro desta orde de axudas as destinadas a:

a) Realización de podas e actuacións de formación e control da copa. 

b) Aplicación de tratamentos fitosanitarios.

c) Accións encamiñadas á conservación e mellora da contorna.

d) Accións de divulgación e sinalización. 

e) Realización de estudos.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 662716): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/inditex

-Na Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

 

 

Descargas: