Data:
Ministerio de Educación e Formación Profesional
Extracto da Resolución do 31 de agosto de 2022 da Secretaría Xeral de Formación Profesional pola que se convocan axudas a entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para a creación de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de Aula Mentor, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. BDNS (Identif.): 643218.
Obxecto
Apoiar o financiamento e a implantación do programa de formación aberta e a distancia Aula Mentor mediante a creación de novas aulas MENTOR dependentes de entidades locais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais.
Beneficiarios
Entidades locais ás que se refire o artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, así como as entidades locais de ámbito territorial inferior ao municipal instituidas ou recoñecidas polas comunidades autónomas e as entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais.
Finalidade
Contribuír a financiar as actividades de formación continua -dirixidas a poboación adulta e en modalidade a distancia- que desenvolvan as Aulas Mentor de nova creación e a sufragar parte dos gastos necesarios para a súa posta en marcha e para a realización das devanditas actividades por parte das entidades locais.
Bases reguladoras
Orde ECI/1305/2005, do 20 de abril (BOE do 12 de maio), pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que concede o Ministerio de Educación e Formación Profesional en réxime de concorrencia competitiva.
Contía
Dotación de 1.496.000,00 € que se distribuirán en 374 módulos de 4.000,00 € euros cada un.
Prazo de presentación de solicitudes
Vinte e cinco (25) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.
Máis Información
-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 643218): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/643218
-Na Secretaria Xeral de Formación Profesional (Ministerio de Educación e Formación Profesional).