AXUDAS PARA A CREACIÓN DE AULAS DE FORMACIÓN ABERTA, FLEXIBLE E A DISTANCIA MEDIANTE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN A TRAVÉS DE AULA MENTOR. PRAZO: 16-07-2021

Data: 

luns, 14 Xuño, 2021 (Todo o día) a venres, 16 Xullo, 2021 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación e Formación Profesional

Extracto da Resolución do 3 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan axudas a entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para a creación de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de Aula Mentor. BDNS(Identif.):568206

Obxecto da subvención

Apoiar a implantación do programa de formación aberta e a distancia Aula Mentor mediante a creación de novas aulas dependentes de entidades locais.

Finalidade

Contribuír a financiar as actividades de formación continua -dirixidas a poboación adulta e en modalidade a distancia- que desenvolvan as Aulas Mentor de nova creación e a sufragar parte dos gastos necesarios para a súa posta en marcha e para a realización das devanditas actividades por parte das entidades locais.

Beneficiarios

Entidades locais ás que se refire o artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, así como as entidades locais de ámbito territorial inferior ao municipal instituidas ou recoñecidas polas comunidades autónomas e as entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais.

Bases reguladoras

Orde ECI/1305/2005, do 20 de abril (BOE do 12 de maio), pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que concede o Ministerio de Educación e Formación Profesional en réxime de concorrencia competitiva.

Contía

Dotación de 2.020.000,00 € que se distribuirán en 505 módulos de 4.000,00 euros cada un.

Prazo de presentación de solicitudes

Vinte e cinco días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Descargas: