Axudas para a creación de Aulas Mentor dependentes do Programa Aula Mentor (PRTR - UE-Next Generation EU). Prazo: 08-11-2024

Data: 

domingo, 20 Outubro, 2024 (Todo o día) a venres, 8 Novembro, 2024 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Extracto da Resolución de dez de outubro de dous mil vinte e catro da Secretaría Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan axudas no ano 2024 para a creación de Aulas Mentor dependentes do Programa Aula Mentor, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.

BDNS (Identif.): 791239

Obxecto e finalidade

Establecer a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para financiar a creación de Aulas Mentor do Programa de Formación Aberta "Aula Mentor" do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Promover accións que, dentro do Programa "Aula Mentor", impulsen a formación ao longo da vida, aberta e a través de Internet das persoas adultas. Particularmente, son Aulas desde as que flexibilizar o acceso á formación profesional, mediante formación non formal, a distancia, acumulable e referenciada ao Catálogo Nacional de Estándares de Competencia.

Beneficiarios

Entidades locais, segundo o establecido na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local modificado polo artigo 1.2. da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local e as entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais.

Bases reguladoras

Orde ECI/1305/2005, do 20 de abril (BOE do 12 de maio), pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que concede o Ministerio de Educación e Formación Profesional en réxime de concorrencia competitiva.

Contía

Dotación de 2.720.000,00 euros (dous millóns setecentos vinte mil euros) que se distribuirán en 680 módulos de 4.000,00 euros (catro mil euros) cada un.

Prazo de presentación de solicitudes

Vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao de publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvenciones (BDNS Identif.: 791239): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/791239

-Na Secretaria Xeral de Formación Profesional (Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes).
 

Descargas: