AXUDAS PARA ESTUDOS E INVESTIMENTOS VINCULADOS Á CONSERVACIÓN, RECUPERACIÓN E REHABILITACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL E Á SENSIBILIZACIÓN ECOLÓXICA NA REDE DE RESERVAS DA BIOSFERA DE GALICIA (PDR DE GALICIA 2014-2020). PRAZO REACTIVADO: 13-05-2020

Data: 

martes, 18 Febreiro, 2020 (Todo o día) a mércores, 13 Maio, 2020 (Todo o día)

 

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT724A). BDNS (Identif.): 490812.

Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento administrativo MT724A) das axudas recollidas no parágrafo 1.f) do artigo 20 do Regulamento 1305/2013 (UE) do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader); axudas previstas no marco da operación 7.6 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para o período de programación 2014-2020, cuxa denominación é estudos e investimentos vinculados á conservación do patrimonio cultural, natural e sensibilización ecolóxica.

A finalidade desta orde é promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural de zonas rurais cun elevado e contrastado valor natural como son as reservas da biosfera.

Entidades beneficiarias e requisitos

1. Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os concellos incluídos no ámbito territorial de calquera das reservas da biosfera de Galicia (anexo VII que acompaña esta orde).

2. É condición necesaria para a admisibilidade das accións que estas estean incluídas especificamente ou ben sexan coherentes cun instrumento de planificación: plan de acción dunha reserva da biosfera, plan de xestión dun espazo ou especie protexida, plans de ordenación cinexética, plans de xestión de poboacións ictícolas e plans técnicos de ordenación dos aproveitamentos piscícolas, entre outros. Ademais, realizaranse en coherencia cos plans de desenvolvemento dos municipios, cando existan os devanditos plans ou, se for o caso, coas estratexias de desenvolvemento local pertinentes.

3. En especial, se a actuación se realiza dentro dun espazo natural protexido, debe ser acorde coa normativa establecida nos instrumentos de planificación aprobados pola Administración autonómica.

4. Por tratarse dun requisito de admisibilidade, farase referencia obrigada no anexo I desta orde á disposición, acordo ou decisión pola que se aprobou o instrumento de planificación en que se enmarca ou tipifica a actuación proposta. Comprobarase ao longo do procedemento a súa validez e vixencia.

5. Os investimentos realizaranse sobre propiedades da entidade beneficiaria da axuda e sempre que estes investimentos desenvolvan actuacións previstas nun instrumento de planificación cuxa execución non corresponda a persoas xurídicas de dereito privado. Tampouco se considerarán subvencionables os investimentos para os que exista unha reserva de dominio ou cesión a favor de terceiros.

6. Non será subvencionable a compra e instalación de maquinaria ou equipos de segunda man, nin os gastos relativos ao traslado de maquinaria xa existente ata o local ou emprazamento do proxecto.

7. En ningún caso poderán ter a condición de entidades beneficiarias aquelas que concorran nalgunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as deputacións provinciais e as mancomunidades de concellos.

Ámbito territorial

Para os efectos do seu financiamento a través do PDR 2014-2020, as axudas desta convocatoria aplicaranse a proxectos que se desenvolvan en zonas rurais (ZPP) ou intermedias (ZIP) situadas no ámbito territorial de calquera das reservas da biosfera de Galicia. Deben considerarse non admisibles as actuacións desenvoltas en parroquias definidas como densamente poboadas (ZDP), recollidas no anexo IX.

En ningún caso financiaranse actuacións en solo forestal que estean previstas no artigo 25 do Regulamento (UE) 1305/2013.

Contía

1. Crédito total da convocatoria: 600.000 euros para o ano 2020.

2. O importe máximo subvencionable será de 30.000 euros/proxecto.

Prazo: Reactívase o prazo de presentación de solicitudes que rematará o 13 de maio de 2020 (publicado en DOG. Nº. 87 - 07/05/2020). 

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Descargas: