AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS SINGULARES ORIENTADOS Á MODERNIZACIÓN COMERCIAL. PRAZO: 31-05-2021

Data: 

xoves, 6 Maio, 2021 - 09:00 a luns, 31 Maio, 2021 - 14:00

 

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España

Convocatoria pública para a concesión de axudas para a execución de Proxectos Singulares orientados á Modernización Comercial

Beneficiarios

Os beneficiarios das axudas poderán ser:

1. Comunidades Autónomas

2. Concellos.

3. Deputacións e Cabidos

4. Outras entidades e agrupacións de municipios recollidos no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

Importe

O importe das axudas para o desenvolvemento das actuacións descritas na convocatoria é de 1.700.000 euros.

Os proxectos poderán desenvolverse naquelas CCAAs que contan con dispoñibilidade de fondos FEDER correspondentes ao P.O. de Crecemento Intelixente 2014-2020: Andalucía, Asturias, Aragón, Canarias, Cantabria, Castela a Mancha, Castela León, Comunidade Valenciana, Comunidad de Madrid e Galicia.

Prazo

A data límite de presentación das propostas é o 31 de maio de 2021 ás 14:00 h (hora peninsular).

Máis Información

As bases pola que se regula esta convocatoria pódense consultar en: https://sede.camara.es/sede/tramites/TR0000003446

 

Descargas: