AXUDAS PARA A IMPLANTACIÓN DE ZONAS DE BAIXAS EMISIÓNS E A TRANSFORMACIÓN DIXITAL E SOSTIBLE DO TRANSPORTE URBANO E DA MOBILIDADE. PRAZO: 29-09-2022

Data: 

mércores, 27 Xullo, 2022 (Todo o día) a xoves, 29 Setembro, 2022 (Todo o día)

 

Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

Extracto da Orde Ministerial pola que se aproba e publica a convocatoria correspondente ao exercicio 2022 do programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano e da mobilidade, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. BDNS (Identif.): 640563.

Obxecto

Subvencións a actuacións que contribúan á consecución de obxectivos específicos, vinculados aos obxectivos xerais do compoñente 1 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, cos que se pretende conseguir unha mellora da calidade do aire e redución do ruído nas contornas urbanas, o impulso da descarbonización da mobilidade urbana a través de diferentes medidas dirixidas ao propio tecido da cidade e as súas infraestruturas, así como á potenciación e optimización do transporte urbano e metropolitano.

Beneficiarios

Municipios que sexan capitais de provincia.

Municipios de máis de 50.000 habitantes, segundo o Padrón municipal de habitantes referido ao ano 2020.

Municipios de máis de 20.000 habitantes, segundo o Padrón municipal de habitantes referido ao ano 2020, que dispoñan dun servizo de transporte público colectivo urbano interior, e dun Plan de Movilidad Sostible.

Entes locais supramunicipais que agrupen varios municipios, creados por normas de rango legal e que teñan atribuídas competencias en materia de transporte público urbano colectivo.

Bases reguladoras

As bases reguladoras destas axudas están recollidas na Orde TMA/892/2021, do 17 de agosto (B.O.E. 23 de agosto).

Contía

Contía máxima inicial: 500.000.000 euros imputados ao exercicio 2023. Existe a posibilidade de engadir unha contía adicional máxima de 50.000.000 euros se se obtén con anterioridade á resolución do procedemento de concesión, proveniente de recoñecementos ou liquidacións de obrigacións, ou de xeracións ou incorporacións de crédito, todos eles derivados da convocatoria deste mesmo programa de axudas correspondente ao exercicio 2021.

O importe da subvención non poderá exceder destes límites:

Municipios de ata 100.000 habitantes: Aplícase un límite de 40 euros por habitante.

Municipios máis de 1.000.000 habitantes: 20 euros por habitante.

Municipios de máis de 100.000 habitantes e ata 1.000.000 habitantes, interpolación lineal simple entre 40 euros por habitante para 100.000 habitantes, e 20 euros por habitante para 1.000.000 habitantes.

Entes locais supramunicipais: 20 euros por habitante con respecto á poboación total residente no conxunto de municipios que integren esa entidade, considerando no cómputo unicamente os municipios que cumprirían as condicións para ser beneficiarios a título individual. En calquera caso, aplicarase un límite máximo de 40.000.000 euros para cada solicitude.

Outros datos

A solicitude debe cumprimentarse preferiblemente a través do Portal de Axudas da Sede electrónica do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana. No Portal de Axudas poden descargarse os modelos e formularios da documentación requirida para a presentación da solicitude.

Os beneficiarios recibirán o pago anticipado do 100% da axuda concedida en cada unha das anualidades previstas na resolución de concesión da subvención.

A solicitude que presente cada entidade local será financiada, de acordo coa súa respectiva orde de valoración, con cargo á liña xeral do crédito dispoñible no momento en que se redacte a resolución de concesión provisional.

O prazo completo para resolver e publicar a resolución será de seis meses desde a data de publicación do extracto da convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da data de publicación deste extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, e finalizará o 29 de setembro de 2022.

Máis Información

-Para calquera consulta ou aclaración poden remitila á caixa de correos: planayuntamientos@mitma.es

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 640563): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/640563

Descargas: