Axudas para o desenvolvemento da operación “Infraestruturas destinadas a Incubadoras de Alta Tecnoloxía en sectores estratéxicos emerxentes en Europa”. Prazo: 12-07-2024

Data: 

luns, 27 Maio, 2024 (Todo o día) a venres, 12 Xullo, 2024 (Todo o día)

 

Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Fundación INCYDE)

Segunda Convocatoria 2024.- Comunidade Autónoma de Galicia

Convocatoria de concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva para o desenvolvemento da operación “Infraestruturas destinadas a Incubadoras de Alta Tecnoloxía en sectores estratéxicos emerxentes en Europa”.

Obxecto

O presente anuncio ten por obxecto a selección dos Organismos Beneficiarios que levarán a cabo a creación, posta en marcha, e prestación de actividades do proxecto Incubadoras de Alta Tecnoloxía na Comunidade Autónoma de Galicia. A selección terá lugar en réxime de publicidade, transparencia, obxectividade e concorrencia competitiva.

Beneficiarios

Poderán ser Organismos beneficiarios da axuda FEDER, aquelas entidades que tendo un obxecto e/o fins que comprendan a execución de proxectos acordes cos obxectivos pretendidos, teñan a condición de Organismos Públicos, Organismos de Dereito Público, Fundacións públicas e privadas e institucións sen ánimo de lucro.

Non poderán asumir a condición de beneficiarias as entidades en quen concorra algunha das circunstancias do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Orzamento

O importe máximo de gasto elixible para o desenvolvemento do proxecto na Comunidade Autónoma é de: 5.000.000 € de gasto total (axuda FEDER do 60%).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será de 35 días hábiles desde a data de publicación no presente Boletín Oficial.

A data e hora límite publicarase na web da Fundación INCYDE o mesmo día de publicación do anuncio.

Más Información

O texto completo da convocatoria pode consultarse na web da Fundación INCYDE: http://www.incyde.org/convocatorias-feder

As candidaturas presentaranse de maneira telemática, a través da páxina web mencionada anteriormente.

Descargas: