Axudas para o desenvolvemento da operación "Viveiros de Empresas 4.0". Prazo: 05-07-2024 (15:00H)

Data: 

luns, 3 Xuño, 2024 (Todo o día) a venres, 5 Xullo, 2024 (Todo o día)

 

Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Fundación INCYDE)

A Fundación INCYDE informa da posibilidade de participar como Organismo Beneficiario para o desenvolvemento da operación "Viveiros de Empresas 4.0", na Comunidade Autónoma de Galicia. O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do Programa Plurirregional de España FEDER 2021-2027.

Obxecto

O presente anuncio ten por obxecto a selección dos Organismos Beneficiarios que levarán a cabo a creación, posta en marcha, e prestación de actividades da operación Viveiros de Empresas 4.0 na Comunidade Autónoma Galicia. A selección terá lugar en réxime de publicidade, transparencia, obxectividade e concorrencia competitiva.

Beneficiarios

Poderán ser Organismos beneficiarios da axuda FEDER, aquelas entidades que tendo un obxecto e/o fins que comprendan a execución de proxectos acordes cos obxectivos pretendidos, teñan a condición de Organismos Públicos, Organismos de Dereito Público, Cámaras de Comercio, Fundacións públicas e privadas e institucións sen ánimo de lucro.

Non poderán asumir a condición de beneficiarias as entidades en quen concorra algunha das circunstancias do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Orzamento

O importe máximo de gasto elixible para a rexión é 980.000 € de gasto total (axuda FEDER do 60%).

Prazo de presentación de solicitudes 

O prazo para a presentación de solicitudes será de 25 días hábiles desde a data de publicación no presente Boletín Oficial.

A data e hora límite publicarase na web da Fundación INCYDE o mesmo día de publicación do anuncio. 

A presente convocatoria publícase condicionada á firma do Acordo de Atribución de Funcións entre a Fundación INCYDE e a Autoridade de Xestión FEDER.

Máis Información

O texto completo da convocatoria pode consultarse na web da Fundación INCYDE: http://www.incyde.org/convocatorias-feder

Descargas: