AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE CIDADES INTELIXENTES DA AXENDA DIXITAL PARA ESPAÑA. PRAZO: 30-10-2015

Data: 

domingo, 2 Agosto, 2015 (Todo o día) a venres, 30 Outubro, 2015 (Todo o día)

 

Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo

Resolución do 31 de xullo de 2015, da Entidade Pública EmpresarialRed.es, pola que se convocan axudas para o desenvolvemento do programa de cidades intelixentes da Axenda Dixital para España (C059/15-AE) e se establecen as bases reguladoras da devandita convocatoria.

Obxecto.

As presentes bases teñen por obxecto a regulación da concesión en réxime de concorrencia competitiva, e conforme aos principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación, de axudas en especie a entidades locais ou agrupacións de entidades locais que participen na presente convocatoria de cidades intelixentes, ben individualmente ou ben en cooperación.

As entidades locais participantes poderán presentar unha única iniciativa. A iniciativa na súa totalidade deberá ter un prazo de execución inferior a 36 meses.

Cada iniciativa poderá actuar sobre ámbitos diferentes do territorio, sempre que todos eles se integren na estratexia de cidade intelixente e atendan á mellora dos servizos a través do emprego das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

As iniciativas presentadas deberán ser intensivas no emprego das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Os bens e servizos TIC deberán constituír, en termos orzamentarios, o núcleo da iniciativa.

No caso das solicitudes presentadas na modalidade de cooperación, os proxectos que se desenvolvan dentro da iniciativa deberán demostrar a súa utilidade en todas e cada unha das entidades que integren a agrupación.

O reforzo das normas e a interoperabilidade son obxectivos da Axenda Dixital Europea cuxa promoción é parte central do Plan Nacional de Cidades Intelixentes. A interoperabilidade permitirá, mediante a exposición de interfaces normalizados/estándar entre as plataformas, o desenvolvemento de aplicacións e servizos portables, capaces de operar sobre as plataformas das distintas cidades, así como o acceso e intercambio de datos entre distintos dominios/ámbitos. Desta forma foméntase a innovación, o desenvolvemento dun ámbito de emprendemento e asegúrase a competitividade dos servizos.

As iniciativas deberán atender á consecución dalgún dos seguintes obxectivos:

- Producir aforros e melloras de eficiencia na xestión e prestación, así como melloras na accesibilidade dos servizos públicos.

- Impulsar proxectos de carácter innovador para a cidade ou as agrupacións de cidades.

- Fomentar a interoperabilidade con distintas administracións e axentes, promover o acceso transparente e universal dos datos públicos dos servizos (tanto para a súa consulta coma para a súa reutilización) por parte de cidadáns, visitantes, profesionais e empresas, propiciando con estas actuacións o crecemento da industria e o emprendemento.

- Presentar un potencial de reutilización ou replicación noutras entidades, para o que deberán apoiarse en estándares ou contribuirán ao desenvolvemento e maduración de estándares.

- Impulsar métricas que se concentrasen, fundamentalmente, na medición da satisfacción cidadá e a dos seus visitantes, nos aforros de tempos, a redución de custos e a diminución de cargas administrativas.

- Deberán identificar compromisos de aforro cuantificables eperiodificados, así como mecanismos de cooperación con outros concellos e a industria, fomentando a interoperabilidade,replicabilidade, sostibilidade e reutilización das solucións e modelos de negocio propostos.

- Creación de espazos tecnolóxicos con ámbitos TIC interoperables, que permitan o desenvolvemento de proxectos cooperativos e innovadores que faciliten a experimentación, o desenvolvemento de aplicacións, o intercambio de boas prácticas e o uso compartido de ferramentas tecnolóxicas.

As iniciativas, como xa se indicou, deberán facer uso intensivo das Tecnoloxías de Información e Comunicacións (TIC). Concretamente, poderanse desenvolver iniciativas que conteñan unha ou varias das actuacións seguintes:

- Desenvolvemento e implantación de políticas de apertura e reutilización de datos públicos que axuden á xeración de novos servizos ou o enriquecemento dos xa existentes.

- Implantación de sistemas de xestión, sensorización e tratamento da información que permitan unha maior eficiencia na prestación dos servizos públicos, particularmente daqueles servizos que permitan mellorar elementos clave da cidade e teñan impacto directo no cidadán e o visitante (mobilidade, seguridade, etc.).

- Dotación de infraestruturas e elementos tecnolóxicos necesarios para construír ou mellorar servizos públicos de valor para o cidadán e o visitante. Naqueles casos nos que estas infraestruturas inclúan o despregamento de redes de comunicacións, estas deberán destinarse a satisfacer as necesidades de comunicación dos elementos da cidade intelixente, sempre cinguíndose á normativa aplicable en materia de telecomunicacións e competencia.

As iniciativas presentadas deberán ser elixibles dentro das diferentes actuacións recollidas no Programa Operativo Crecemento Intelixente do período de programación FEDER 2014-2020, pola repercusión sobre o conxunto da cidadanía, tanto polo número de usuarios aos que se beneficia coma polo aforro e eficiencia na xestión dos recursos.

Beneficiarios

No procedemento de selección poderán participar todas aquelas entidades locais territoriais definidas no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, ou agrupacións de entidades locais, así como as Comunidades Autónomas uniprovinciais, nos termos establecidos nas presentes bases.

Establécense as seguintes modalidades de participación na convocatoria:

- Modalidade de participación individual: As entidades cuxo ámbito territorial conte cunha poboación superior a 20.000 habitantes (información do Padrón a 1 de xaneiro de 2014) poderanse presentar individualmente á convocatoria. En calquera caso, o solicitante haberá de cumprir os requisitos establecidos na base quinta, para poder ser beneficiario. As solicitudes presentadas nesta modalidade deberán orientarse á sistematización de novos enfoques ou deberán contar con dimensión abondo para favorecer un rápido desenvolvemento industrial, conforme ao establecido na medida 3.1 do Plan de Cidades Intelixentes.

- Modalidade de cooperación: Solicitudes presentadas conxuntamente por varias entidades locais, que permitan o desenvolvemento e consolidación de experiencias que poidan ser replicables. Neste caso, a solicitude de participación presentarase de forma conxunta, sendo necesaria a presentación dunha solicitude (anexo III) debidamente cumprida coa información de todas as entidades que forman a agrupación. As entidades que formen a agrupación deberán contar, todas e cada unha delas, cunha poboación superior a 20.000 habitantes (información do Padrón a 1 de xaneiro de 2014). Igualmente, deberán cumprir os requisitos da convocatoria establecidos na base quinta e subscribir a solicitude do anexo III. As obrigas que se deriven da participación na convocatoria asumiraas cada entidade que forme a agrupación en proporción á súa participación na iniciativa.

Para as agrupacións sen personalidade xurídica, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para asumir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Ademais, a agrupación designará un coordinador do proxecto de entre os entes que formen parte da agrupación, que canalizará a relación do conxunto de entes integrantes da agrupación con Red.es. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos previsto nos artigos 39 e 65 da LGS. Todos os membros da agrupación terán a consideración de beneficiarios e todos responderán, se é o caso, solidariamente da obriga de reintegro.

Nas solicitudes na modalidade de cooperación achegarase á solicitude a seguinte documentación adicional:

. Documentación acreditativa do poder de representación do apoderado único ou representante da agrupación, que é quen presenta a solicitude.

. Documentación acreditativa do poder do representante legal de cada membro da agrupación, que deberá asinar a solicitude.

. DNI do representante legal de cada membro da agrupación.

. Declaración responsable de cada membro da agrupación acreditativa de que se encontra ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como ao estar ao corrente de pagamento de obrigas por reintegro. En caso de non presentar a devandita declaración responsable, enténdese que cada membro autoriza Red.es a solicitar a devandita información das administracións competentes conforme ao disposto no artigo 22.4 do Real Decreto 887/2006.

Cada entidade local só poderá presentar unha solicitude, sexa esta en modalidade individual ou sexa no formato de cooperación, e deberá achegar toda documentación que se indica na base undécima da Convocatoria.

Así mesmo, tampouco poderán presentarse as entidades locais de calquera natureza, que de forma individual ou en cooperación xa resultasen beneficiarias doutras axudas convocadas por Red.es en execución do Plan Nacional de Cidades Intelixentes. No caso de que se soliciten axudas nesta convocatoria e na convocatoria aberta de Illas Intelixentes, un mesmo territorio non poderá ser beneficiario de axudas, en todo ou en parte, por ambas as dúas convocatorias; en consecuencia, as entidades locais que resulten beneficiarias, de forma individual ou en cooperación, en ambos os dous programas deberán optar pola axuda concedida ao proxecto gañador nunha ou outra convocatoria.

Prazo

As solicitudes deberán presentarse antes das 12:00 horas do día 30 de outubro de 2015.

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon BOE Nº: 183853.07 KB