Data:
Consellería de Política Social
Orde do 13 de xullo de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e se convocan para o ano 2016 (cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020). BDNS (Identif.): 312669.
Obxecto
Aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas ás corporacións locais para a adecuación e mellora das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) da súa titularidade, a través da realización das obras menores e da compra do equipamento preciso, na consideración de que a calidade das infraestruturas, do mobiliario e dos recursos educativos utilizados é un factor básico de impulso da calidade da atención prestada, así como convocar as ditas axudas para o ano 2016.
Entidades beneficiarias
1. Poderán optar a estas axudas as corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontren nun dos supostos seguintes:
a) Ter en funcionamento unha escola infantil 0-3 ou un punto de atención á infancia da súa titularidade.
b) Ter unha escola infantil 0-3 ou un punto de atención á infancia da súa titularidade que unicamente dependa da dotación de equipamento para ser posto en marcha no curso 2016/17.
Importe
Para as axudas obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total dun millón cincocentos mil euros (1.500.000 €), que se imputará á aplicación orzamentaria 12.02.312B.760.0.
Concederase ata o 100 % do investimento subvencionable e unha contía máxima por cada centro de 20.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 15.000 euros para as destinadas á compra de equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías na aula.
Cada concello poderá percibir unha axuda máxima de 35.000 euros, con independencia do número de centros para os cales presente solicitude.
Prazo
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
![]() | 775.09 KB |
![]() | 428.27 KB |