AXUDAS PARA O MANTEMENTO DE AULAS DE FORMACIÓN ABERTA, FLEXIBLE E A DISTANCIA MEDIANTE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN A TRAVÉS DE AULA MENTOR. PRAZO: 27-04-2015

Data: 

mércores, 8 Abril, 2015 (Todo o día) a luns, 27 Abril, 2015 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Resolución de 10 de marzo de 2015, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas a entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para o mantemento de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de Aula Mentor.

Obxecto e ámbito de aplicación

O obxecto desta convocatoria é financiar axudas en réxime de concorrencia competitiva a entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais, para o mantemento, no seu ámbito territorial de actuación, dunha aula Mentor destinada á formación aberta, flexible e a través de Internet para persoas adultas.

Estas axudas están especialmente dirixidas a aquelas iniciativas que promovan as políticas de igualdade, non discriminación e accesibilidade universal no ámbito da formación de persoas adultas, funcións atribuídas á Subdirección Xeral de Aprendizaxe ao longo da vida no artigo 7.2 b) do Real Decreto 257/2012, de 27 de xaneiro, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, modificado por Real Decreto 87/2013, de 8 de febreiro. Ao respecto, teranse igualmente en consideración aqueles proxectos destinados á poboación do medio rural, en especial en aquelas zonas ou territorios onde máis negativamente inflúe a despoboación e o envellecemento da poboación, onde as comunicacións presentan máis problemas e o aceso é máis difícil e onde se prestan e reciben con máis dificultade os diferentes servizos (educación, saúde, etcétera).

O número máximo de axudas concedidas a cargo desta convocatoria será de trinta.

Beneficiarios e requisitos

1. Poderán solicitar estas axudas as entidades locais ás que se refire o artigo 3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, así como as entidades locais de ámbito territorial inferior ao municipal instituídas ou recoñecidas polas comunidades autónomas e as entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais. Todas elas deberán ter operativa unha Aula Mentor. A selección efectuarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. As entidades beneficiarias deberán contar cun local debidamente habilitado para a asistencia do alumnado, equipado coa infraestrutura informática necesaria para a formación e deberán manter á fronte o correspondente administrador de Aula Mentor. Os requirimentos de equipo e a experiencia e coñecementos do administrador de aula especifícanse no Anexo I.

Contía das axudas

Para o logro da finalidade sinalada disponse, na aplicación orzamentaria 18.05.322L.463, dunha dotación de 120.420,00 € que se distribuirán en 30 módulos de 4.014,00 € euros cada un.

Prazo

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da presente Resolución no «Boletín Oficial do Estado».

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon BOE Nº. 83271.61 KB