Data:
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
Extracto da Resolución do 6 de marzo de 2017, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas a entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para o mantemento de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de Aula Mentor. BDNS (Identif.): 335404.
Finalidade
O obxectivo e deseño está orientado a mellorar a cualificación profesional das persoas adultas, ampliar a súa cultura e promover o desenvolvemento das súas capacidades e competencias, utilizando contornas de formación apoiados nas tecnoloxías da información e da comunicación. Estas axudas están especialmente dirixidas a aquelas iniciativas que promovan as políticas de igualdade, non discriminación e accesibilidade universal no ámbito da formación de persoas adultas. Así mesmo, teranse igualmente en consideración as iniciativas que adopten as aulas para impulsar a formación de persoas especialmente vulnerables e aqueles proxectos destinados á poboación do medio rural, en especial naquelas zonas ou territorios onde máis negativamente inflúe o despoboamento e o envellecemento da poboación, onde as comunicacións presentan máis problemas e o acceso é máis difícil e onde se prestan e reciben con máis dificultade os diferentes servizos (educación, saúde, etcétera).
Bases reguladoras
Orde ECI/1305/2005, do 20 de abril, publicada no BOE do 12 de maio de 2005.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas axudas as entidades locais ás que se refire o artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, así como as entidades locais de ámbito territorial inferior ao municipal instituidas ou recoñecidas polas comunidades autónomas e as entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais. Todas elas deberán ter operativa un Aula Mentor. A selección será efectuada en réxime de concorrencia competitiva.
Importe
Para o logro da finalidade sinalada disponse, na aplicación orzamentaria 18.05.322L.463, dunha dotación de 96.336,00 euros que se distribuirán en 24 módulos de 4.014,00 euros cada un.
Prazo
O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da presente Resolución no Boletín Oficial do Estado.