AXUDAS PARA O MANTEMENTO DE AULAS DE FORMACIÓN ABERTA, FLEXIBLE E A DISTANCIA MEDIANTE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN A TRAVÉS DE AULA MENTOR. PRAZO: 09-11-2022

Data: 

mércores, 26 Outubro, 2022 (Todo o día) a mércores, 9 Novembro, 2022 (Todo o día)

 

Ministerio de Educación e Formación Profesional

Extracto da Resolución do 17 de outubro de 2022 da Secretaría Xeral de Formación Profesional pola que se convocan axudas a entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para o mantemento de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de Aula Mentor. 2022. BDNS (Identif.): 655173.

Obxecto da subvención

Axudas destinadas ao mantemento dun Aula Mentor dependente de entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para promover accións formativas, de difusión e de promoción concretas que impulsen a formación aberta, flexible e a través de Internet para persoas adultas.

Beneficiarios

Entidades locais ás que se refire o artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, así como as entidades locais de ámbito territorial inferior ao municipal instituidas ou recoñecidas polas comunidades autónomas e as entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais.

Todas as entidades locais deberán ter activa e en funcionamento un Aula Mentor con data anterior ao 29 de marzo de 2022, e actualizado o convenio que acredita a súa condición de entidade colaboradora no desenvolvemento do programa Aula Mentor conforme á Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público para os convenios administrativos.

Finalidade

Contribuír a financiar as actividades de formación continua -dirixidas a poboación adulta e en modalidade a distancia- que desenvolven as aulas Mentor en activo e a sufragar parte dos gastos necesarios para a realización das devanditas actividades. Estas axudas están dirixidas a aquelas iniciativas desenvolvidas desde as Aulas Mentor no período comprendido entre o 1 de setembro de 2021 ao 31 de agosto de 2022, e que promovan as políticas de igualdade, non discriminación e accesibilidade universal no ámbito da formación ao longo da vida, en tanto que funcións atribuídas á Subdirección Xeral de Orientación e Aprendizaxe ao longo da Vida no artigo 5.3 q) do Real Decreto 498/2020, do 28 de abril (BOE do 1 de maio), polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Bases reguladoras

Orde ECI/1305/2005, do 20 de abril (BOE do 12 de maio), pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que concede o Ministerio de Educación e Formación Profesional en réxime de concorrencia competitiva.

Contía

Dotación de 240.840,00 € que se distribuirán en sesenta (60) módulos de 4.014,00 € euros cada un.

Prazo de presentación de solicitudes

Quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao de publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Máis Información

- Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 655173): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/655173

- Na Secretaría Xeral de Formación Profesional (Ministerio de Educación e Formación Profesional).

 

Descargas: