Data:
Ministerio de Traballo e Economía Social
Orde TES/869/2023, do 22 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o Plan Integral de Impulso á Economía Social para a Xeración dun Tecido Económico, Inclusivo e sostible, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
BDNS(Identif.):738296
Obxecto
O obxecto desta orde é convocar, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a realización de proxectos en materia de Economía Social para os anos 2024-2025, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e dentro do PERTE da Economía Social e dos Coidados. Nos seguintes proxectos:
a) Proxectos de xeración e mantemento do emprego de empresas viables que estean a atravesar dificultades ou sen substitución xeracional actual ou previsible, mediante a súa conversión en fórmulas empresariais da Economía Social, xestionadas polas súas traballadoras e traballadores.
b) Proxectos de creación e consolidación de entidades do tecido produtivo da economía social con carácter innovador, incidindo na substitución xeracional e no emprendemento xuvenil e feminino.
c) Proxectos trasformadores de apoio á modernización tecnolóxica das empresas da economía social mediante a creación de plataformas dixitais, a automatización de procesos e o uso de ferramentas tecnolóxicas co fin de mellorar o benestar da cidadanía, especialmente nas zonas rurais.
d )Proxectos de promoción de redes de cooperativas, sociedades laborais e outras fórmulas de economía social acompañada de medidas para ofrecer novos servizos integrais á sociedade.
e) Proxectos de impulso das transicións sostibles e inclusivas de empresas da economía social e focalizada na atención de colectivos en situación de vulnerabilidade.
Entidades beneficiarias
1. Serán beneficiarias as entidades definidas no artigo 6 da Orde TES/869/2023, do 22 de xullo.
2. Cando a solicitude sexa presentada por unha agrupación, o representante ou apoderado único deberá pertencer a unha das entidades integrantes da mesma. No caso de que a agrupación sexa público-privada, o representante ou apoderado único deberá pertencer a unha entidade beneficiaria privada.
Bases reguladoras (publicadas no BOE Nº. 177 - 26/07/2023)
Orde TES/869/2023, do 22 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o Plan Integral de Impulso á Economía Social para a Xeración dun Tecido Económico, Inclusivo e sostible, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Intensidade e contías mínimas e máximas das axudas
1. De conformidade co previsto no artigo 27 da Orde TES/869/2023, do 22 de xullo, as axudas desta convocatoria poderán financiar ata o 50 % dos custos subvencionables no caso das Pemes e ata o 15 % dos custos subvencionables no das grandes empresas segundo delimita o artigo 29 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
2. As axudas a grandes empresas están condicionadas á súa colaboración efectiva con Pemes, cuxa actividade sexa obxecto da axuda, a condición de que as Pemes coas que colaboren asuman un mínimo do 30 % do total dos custos subvencionable.
3. A intensidade da axuda deberá computarse a nivel de cada entidade beneficiaria, sen prexuízo de que forme parte dunha agrupación.
4. A contía mínima da subvención, por proxecto, non poderá ser inferior a 10.000 euros nin superar a cantidade de 3,5 millóns de euros.
Por outra banda, a cantidade máxima de subvención, por entidade, terá como límite máximo 7,5 millóns de euros, conforme ao artigo 4.1 c) do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014 que establece os limiares de notificación de axudas ao investimento en favor das PEME.
A esta convocatoria élle de aplicación o disposto no artigo 58 do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
Presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será como máximo dun mes contando desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado» (11-01-2014).
Máis Información
-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNSIdentif.: 738296): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/738296
-No Ministerio de Traballo e Economía Social.