AXUDAS PARA OBRAS DE ACCESIBILIDADE E OBRAS EN INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS RELACIONADAS COA CELEBRACIÓN DE COMPETICIÓNS DE CARÁCTER INTERNACIONAL. PRAZO: 13-07-2021

Data: 

mércores, 16 Xuño, 2021 (Todo o día) a martes, 13 Xullo, 2021 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da resolución, do 8 de xuño de 2021, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se convocan axudas ás Corporacións Locais e Empresas Públicas Municipais no ano 2021, para obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional. BDNS (Identif.): 569112.

Finalidade

A subvención diríxese a Corporacións Locais e Empresas Públicas Municipais que realicen obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración posterior de competicións de carácter internacional.

Beneficiarios

As corporacións locais e empresas públicas municipais que non se atopen en ningunha das circunstancias de exclusión sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Bases reguladoras

Orde ECD/2681/2012, do 12 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións e axudas polo Consello Superior de Deportes, dispoñibles en: http://www.boe.es/boe/dias/2012/12/15/pdfs/BOE-A-2012-15180.pdf

Contía

O importe máximo imputable á subvención será de 5.055.160,00 €.

Prazo de presentación de solicitudes

Vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste extracto no BOE.

Descargas: