AXUDAS PARA OBRAS DE ACCESIBILIDADE E OBRAS EN INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS RELACIONADAS COA CELEBRACIÓN DE COMPETICIÓNS DE CARÁCTER INTERNACIONAL. PRAZO: 09-06-2022

Data: 

venres, 13 Maio, 2022 (Todo o día) a xoves, 9 Xuño, 2022 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da resolución, do 3 de maio de 2022, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se convocan axudas ás Corporacións Locais e Empresas Públicas Municipais no ano 2022, para obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional. BDNS (Identif.): 625854.

Finalidade

A subvención diríxese a Corporacións Locais e Empresas Públicas Municipais que realicen obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración posterior de competicións de carácter internacional.

Beneficiarios

As corporacións locais e empresas públicas municipais que non se atopen en ningunha das circunstancias de exclusión sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Bases reguladoras

Orde ECD/2681/2012, do 12 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións e axudas polo Consello Superior de Deportes, dispoñibles en: http://www.boe.es/boe/dias/2012/12/15/ pdfs/BOE-A-2012-15180.pdf

Contía

O importe máximo imputable á subvención será de 1.200.000,00 €.

Prazo de presentación de solicitudes

Vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste extracto no B.O.E.

Descargas: