Axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos durante o ano 2025. Prazo: do 10-02-2025 ao 28-02-2025

Data: 

luns, 10 Febreiro, 2025 (Todo o día) a venres, 28 Febreiro, 2025 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura

Extracto da Resolución do 18 de decembro de 2024 do Organismo Autónomo Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, pola que se convocan axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España durante o ano 2025.

BDNS (Identif.): 804377

Obxecto

Axudas para a organización de festivais ou certames cinematográficos de recoñecido prestixio que se celebren durante o ano 2025 en España e que dediquen especial atención á programación e difusión do cinema español, comunitario e iberoamericano, así como a películas de animación, documentais e curtametraxes.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran os requisitos establecidos no artigo 5 da Orde CUD/888/2021, do 5 de agosto:

As Comunidades Autónomas e os organismos e entidades delas dependentes,

As entidades públicas que teñan a consideración de Corporacións Locais e os organismos e entidades delas dependentes,

As persoas xurídicas con residencia legal ou establecemento en España no momento da percepción efectiva da axuda.

As persoas físicas.

Bases reguladoras

Orde CUD/888/2021, do 5 de agosto, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España previstas no artigo 32 da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do Cinema.

Contía

O importe total desta convocatoria ascende á cantidade de 1.139.425 euros.

A contía individual de cada axuda, cun límite máximo de 120.000 euros para festivais ou de 100.000 euros no caso de que se trate dunha cerimonia de entrega de premios, non poderá superar o 50% da suma total de determinados gastos de preparación, organización, funcionamento e promoción do festival ou certame, así como os medios técnicos e recursos investidos para impulsar a accesibilidade universal e a dobre transición ecolóxica e dixital do festival ou certame. Serán considerados subvencionables sempre que de forma indubitada estean relacionados con el, resulten estritamente necesarios e estean vinculados á edición que se celebre en 2025.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 10 de febreiro de 2025 e finalizará ás 14:00 horas, hora peninsular, do 28 de febreiro de 2025.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 804377): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/804377

-No Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais.

Descargas: