Data:
Ministerio de Cultura e Deporte
Extracto da Resolución do 25 de xuño de 2020, do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, pola que se convocan axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España durante o ano 2020. BDNS (Identif.): 512631.
Obxecto
Axudas para a organización de festivais ou certames cinematográficos de recoñecido prestixio que se celebren durante o ano 2020 en España e que dediquen especial atención á programación e difusión do cinema español, comunitario, iberoamericano, así como a películas de animación, documentais e curtametraxes.
Beneficiarios
Comunidades Autónomas e organismos e entidades delas dependentes, entidades públicas que teñan a consideración de Corporacións Locais e organismos e entidades delas dependentes, persoas xurídicas públicas e privadas e persoas físicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 54 da Orde CUD/769/2018, do 17 de xullo, e actúen como promotores dun festival ou certame cinematográfico.
Bases reguladoras
Orde CUD/769/2018, do 17 de xullo, cuxa última modificación foi realizada mediante a Orde CUD/426/2019, do 11 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas previstas no Capítulo III da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do Cinema, e determínase a estrutura do Rexistro Administrativo de Empresas Cinematográficas e Audiovisuais.
Contía
O importe total desta convocatoria ascende á cantidade de: 640.000 euros. A contía individual non poderá superar o 50% dos gastos subvencionables.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do día seguinte da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.
Descargas:
Arquivos | Tamaño |
---|---|
BOE Nº. 181 - EXTRACTO - Axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos. | 170.18 KB |