AXUDAS PARA A ORGANIZACIÓN DE FESTIVAIS E CERTAMES CINEMATOGRÁFICOS EN ESPAÑA DURANTE O ANO 2023. PRAZO: 10-04-2023

Data: 

venres, 17 Marzo, 2023 (Todo o día) a luns, 10 Abril, 2023 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

Extracto da Resolución do 14 de marzo de 2023 da Dirección Xeral do Organismo Autónomo Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais, pola que se convocan axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España durante o ano 2023. BDNS (Identif.): 681758.

Obxecto

Axudas para a organización de festivais ou certames cinematográficos de recoñecido prestixio que se celebren durante o ano 2023 en España e que dediquen especial atención á programación e difusión do cinema español, comunitario, iberoamericano, así como a películas de animación, documentais e curtametraxes.

Beneficiarios

Comunidades Autónomas e organismos e entidades delas dependentes, entidades públicas que teñan a consideración de Corporacións Locais e organismos e entidades delas dependentes e persoas físicas e xurídicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 54 da Orde CUD/769/2018, do 17 de xullo, e actúen como promotores dun festival ou certame cinematográfico.

Bases reguladoras

Orde CUD/888/2021, do 5 de agosto, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España previstas no artigo 32 da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do Cinema.

Contía

O importe total desta convocatoria ascende á cantidade de: 1.977.750 euros. A contía individual non poderá superar o 50% dos gastos subvencionables e o importe máximo da axuda será de 120.000 euros ou de 100.000 euros no caso de que se trate dunha cerimonia de entrega de premios.

Para cumprir cos obxectivos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, a contía imputable aos créditos dispoñibles do P33YA C25.I01 "Programa de fomento, modernización e dixitalización do sector audiovisual. Cultura" financiará unicamente os gastos de dixitalización e de sustentabilidade descritos nos apartados j) e k) da norma quinta.1. desta convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a partir do día seguinte da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado.

Máis Información

-Na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.:681758): https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/681758

-Na Dirección Xeral do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (Ministerio de Cultura e Deporte).

Descargas: