AXUDAS PARA PROXECTOS DE SALVAGARDA DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL CORRESPONDENTES A 2018. PRAZO: 24-10-2018

Data: 

martes, 25 Setembro, 2018 (Todo o día) a mércores, 24 Outubro, 2018 (Todo o día)

 

Ministerio de Cultura e Deporte

 

Extracto da Orde do 17 de setembro, pola que se convocan axudas para proxectos de salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial correspondentes a 2018. BDNS(Identif.): 415574.

Finalidade

As axudas convocadas teñen por obxecto a realización de proxectos de documentación, investigación, transmisión, perpetuación, difusión e promoción do Patrimonio Cultural Inmaterial. Serán obxecto de atención prioritaria aqueles proxectos que afecten a bens culturais inmateriais que fosen expresamente protexidos pola normativa de Patrimonio Cultural (declarados coa categoría de Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial, Ben de Interese Cultural ou asimilables) ou que estean incluídos nos sistemas de inventarios, catálogos ou atlas de Patrimonio Inmaterial xestionados polas administracións competentes.

As axudas convócanse cos seguintes fins:

a. Favorecer a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial en España, especialmente aquel que se atope en situación de perigo ou vulnerabilidade.

b. Contribuír á protección e salvagarda dos bens culturais inmateriais declarados pola normativa de Patrimonio Cultural de España.

c. Impulsar a transmisión, difusión e coñecemento do Patrimonio Cultural Inmaterial.

d. Apoiar proxectos que sirvan de marco de actuación a un conxunto de bens, ou que expoñan solucións que contribúan a mellorar a sustentabilidade e as capacidades de xestión do Patrimonio Cultural Inmaterial a nivel xeral.

e. Apoiar aqueles proxectos que axuden a fomentar a función social do Patrimonio Cultural Inmaterial.

Beneficiarios

Poderán concorrer a esta convocatoria de axudas as persoas xurídicas sen ánimo de lucro do sector público ou privado, que deberán estar legalmente constituídas á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes: concellos, deputacións, mancomunidades e outros entes locais, asociacións e institucións sen fins de lucro, universidades e entidades dependentes de comunidades autónomas.

Os solicitantes deberán acreditar a súa capacidade e adecuación para a realización da actividade para a que se solicita a axuda.

Bases Reguladoras

ORDE CUL/2912/2010, do 10 de novembro, que establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas en réxime de concorrencia competitiva do Ministerio de Cultura e dos seus organismos públicos.

Importe

O importe máximo imputable á totalidade das axudas será de 234.000 €.

Prazo de presentación de solicitudes

Trinta días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no BOE.

Descargas: