"Cambia de Bando" en Barro

Data: 

luns, 22 Setembro, 2025 (Todo o día)

Barro, 22 de setembro de 2025.- A iniciativa "Cambia de Bando" promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) prosigue cos seus traballos e, nesta ocasión, desenvolveu unha nova actividade en Barro na que participaron un numeroso grupo mozos e mozas de máis de 14 anos do IES de Barro, e que se organizaou en colaboración co persoal do IES, e co apoio do concelleira de Igualdade, Lía Rodríguez, que  desenvolveu unha dinámica participativa sobre a percepción dos machismos e a actitude da xente nova diante deles. Dende a FEGAMP quérese salientar a implicación e interese do Concello de Barro nesta iniciativa.

Con actividades como esta ao longo deste ano estase a recoller a mostra necesaria do cuestionario "Canto machismo tes" para poder realizar un estudio sobre a percepción do machismo e da igualdade dos mozos e mozas.

Este proxecto está sendo desenvolvido dende a colaboración cos concellos e promove a igualdade de xénero e a loita contra o machismo a través da sensibilización e a educación dirixida á mocidade.