Data:

Betanzos, 24 de xullo de 2025.- A iniciativa "Cambia de Bando" promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) desenvolveu unha nova actividade en Betanzos na que participaron oito mozos e mozas usuarias da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), e que se organizaou en colaboración co persoal técnico da Aula Cemit e de Igualdade do concello, e co apoio do concelleiro de Mocidade, Ricardo Cheda, e da propia alcaldesa, María Barral.
Con actividades como esta ao longo deste ano estase a recoller a mostra necesaria do cuestionario "Canto machismo tes" para poder realizar un estudio sobre a percepción do machismo e da igualdade dos mozos e mozas.
Este proxecto está sendo desenvolvido dende a colaboración cos concellos e promove a igualdade de xénero e a loita contra o machismo a través da sensibilización e a educación dirixida á mocidade.

Sede Electrónica
