"Cambia de bando" en Lalín

Data: 

luns, 12 Xaneiro, 2026 (Todo o día)

Lalín, 12 de xaneiro de 2026.- A iniciativa "Cambia de Bando" da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP),recalou en Lalín cunha actividade na que participaron máis dunha vintena de mozos e mozas de de 4º da ESO do IES Ramón Aller Ullóa, e que comezou coas intervencións da concelleiro, Avelino Souto, e da secretaria xeral da FEGAMP, Patricia Vilán.

A actividade organizouse en colaboración co persoal do IES e da Concello de Lalín. Dende a FEGAMP quérese salientar a implicación e interese nesta iniciativa.

Con actividades como esta ao longo deste ano estase a recoller a mostra necesaria do cuestionario "Canto machismo tes" para poder realizar un estudio sobre a percepción do machismo e da igualdade dos mozos e mozas.

Este proxecto está sendo desenvolvido dende a colaboración cos concellos e promove a igualdade de xénero e a loita contra o machismo a través da sensibilización e a educación dirixida á mocidade.