"Cambia de Bando" no Concello de Vilalba

Data: 

luns, 24 Novembro, 2025 (Todo o día)

Vilalba, 24 de novembro de 2025.- A iniciativa "Cambia de Bando" da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) prosigue cos seus traballos e, nesta ocasión, recalou en Vilalba cunha actividade na que participaron unha vintena de mozos e mozas de máis de 14 anos do IES Basanta Silva, e que comezou coas intervencións da alcaldesa, Marta Rouco, e da secretaria xeral da FEGAMP, Patricia Vilán.

A actividade organizouse en colaboración co persoal do IES, e co apoio de Amara Pérez, técnica de Igualdade do Concello de Vilalba, quen desenvolveu unha sesión de sensibilización sobre o machismo e a igualdade. Dende a FEGAMP quérese salientar a implicación e interese do Concello de Vilalba nesta iniciativa.

Con actividades como esta ao longo deste ano estase a recoller a mostra necesaria do cuestionario "Canto machismo tes" para poder realizar un estudio sobre a percepción do machismo e da igualdade dos mozos e mozas.

Este proxecto está sendo desenvolvido dende a colaboración cos concellos e promove a igualdade de xénero e a loita contra o machismo a través da sensibilización e a educación dirixida á mocidade.

"CAMBIA DE BANDO" EN VILALBA