"Cambia de Bando" remata en Carballo

Data: 

xoves, 15 Xaneiro, 2026 (Todo o día)

Carballo, 15 de xaneiro de 2026.- A iniciativa "Cambia de Bando" da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) culminou en Carballo o proceso de recollida de datos da inicitiva "CAMBIA DE BANDO" que está sendo desenvolvida dende a colaboración cos concellos, promovendo a igualdade de xénero e a loita contra o machismo a través da sensibilización e a educación dirixida á mocidade.

Nesta actividade participaron case unha vintena de mozos e mozas de 4º da ESO do IES Monte Neme, e comezou coas presentacións da concelleira, Maica Ures, e da secretaria xeral da FEGAMP, Patricia Vilán.

A actividade organizouse en colaboración co Noelia Martínez, orientadora do IES e co persoal do Concello de Carballo. Dende a FEGAMP quérese salientar a súa implicación e interese nesta iniciativa.

Con actividades como esta, ao longo de este ano, a FEGAMP estivo a recoller a mostra necesaria do cuestionario "Canto machismo tes" para poder realizar un estudio sobre a percepción do machismo e da igualdade dos mozos e mozas, que se prevé presentar nos videiros meses.