CAMPAÑA "1 MES, 1 PROFESIÓN DIXITAL" - FALADOIRO DIXITAL (AMTEGA - CPEIG)

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), está a traballar na potenciación das vocacións tecnolóxicas e da inserción e reorientación laboral a través da formación en TIC.

Con este motivo, puxeron en marcha o pasado ano a campaña "1 mes, 1 profesión dixital", co obxectivo de concienciar a xuventude e/ou experimentados profesionais da necesidade de ter coñecementos dixitais sólidos e da evolución destes, ao mesmo ritmo que o fan as tecnoloxías.

Un novo faladoiro dixital terá lugar o 21 de setembro, a partir das 9:45 horas no Edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago, coa ciberseguridade como eixe.

A inscrición, é de balde, e está aberta a través do enderezo electrónico eventos@cpeig.gal e da web www.profesionsdixitais.org.

Descargas: 

ArquivosTamaño
PDF icon Programa da xornada92.14 KB