CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL 2022

Data: 

luns, 10 Outubro, 2022 (Todo o día) a sábado, 31 Decembro, 2022 (Todo o día)
CARTEL

 

A Consellería de Sanidade informa que do 10 de outubro ao 31 de decembro dará comezo a campaña de vacinación da gripe deste ano 2022. 

A campaña de vacinación antigripal ten por obxectivo mellorar a saúde dos galegos e galegas, reducindo a incidencia da gripe e a diminución das súas complicacións. 

Seguindo a estratexia da campaña previa, o inicio desta será secuencial para priorizar os colectivos con maior risco.

​Informamos que a Consellería de Sanidade ten un portal de información para a sociedade na que pode consultar todas as dúbidas: https://gripe.sergas.gal/