Campaña Día Europeo da Dislexia - 8 de outubro

Data: 

luns, 5 Outubro, 2020 (Todo o día) a domingo, 11 Outubro, 2020 (Todo o día)

Con motivo da celebración do Día Europeo da Dislexia, o vindeiro xoves 8 de outubro, desde a Plataforma Dislexia solicitan a colaboración dos concellos, instándolles a iluminar de vermello as fachadas dos seus edificios, uníndose á campaña internacional.

O obxectivo do Día Europeo da Dislexia é sensibilizar a toda a sociedade da Dificultade Específica de Aprendizaxe (DEA) máis común do mundo. A dislexia afecta a aprox. o 10% da poboación mundial e, a maioría das persoas nin sequera son conscientes da razón das súas dificultades nas habilidades instrumentais. A cor vermella foi elixida, para iluminar edificios e monumentos importantes desde hai algúns anos, para unha campaña, que tivo os seus inicios en Australia e, que foi collendo forza noutros países como Canadá, Estados Unidos, Singapura, Gran Bretaña e moitos outros (véxase ligazón ao final deste escrito).

Precisamente decidiuse, que a iluminación fose da temida cor vermella, co propósito de reclamar o mesmo para este colectivo e convertelo en algo positivo, nunha cor que empodere a todas as persoas con dislexia. O ano pasado esta campaña tivo unha acollida excelente no noso país; ilumináronse edificios emblemáticos en todas as Comunidades Autónomas, desde concellos nas illas canarias ata a fonte de Cibeles en Madrid e as Cortes de Aragón.

É, por iso, que lles compracería enormemente, en nome do colectivo que representan, que todo o país volva iluminar de vermello pola dislexia, para unirse a esta gran campaña internacional outorgándolle a visibilidade, que se merece en todos os ámbitos da nosa sociedade. Co fin de darlle maior énfase aínda, os estudantes nos centros educativos e todas as persoas, que a apoian, decidiron levar algunha peza de cor vermella para, posteriormente, colgar as súas fotos nas redes sociais.

Como noutras ocasións, esta campaña conta cuns carteis publicitarios que poden utilizar para difusión nas redes sociais, podendo envialos ademais a todos os centros educativos. Desta maneira, estudantes e profesorado poderían facerse un ‘selfie’ co cartel, demostrando así o seu apoio a este colectivo. A Plataforma Dislexia é unha organización sen ánimo de lucro, que engloba a 16 asociacións da maioría das Comunidades Autónomas, que traballan estreitamente coas persoas con dislexia e as súas familias, ofrecendo asesoramento e apoio emocional. Ademais, realiza formación ao profesorado e colaboración coas administracións, avogando polos dereitos de todas as persoas con dislexia.

Os voluntarios/as traballan continuamente para sensibilizar á sociedade das necesidades específicas e tamén das fortalezas deste colectivo. 

Para máis información, achegámoslle a seguinte ligazón á campaña: https://www.succeedwithdyslexia.com/go-rede/ going-rede/ 

 

 

Descargas: 

ArquivosTamaño
Image icon Collage Día Dislexia11.44 MB