CAMPAÑA #UNARBOLPOREUROPA

Data: 

sábado, 5 Xuño, 2021 (Todo o día)
CARTEL UN ÁRBOL POR EUROPA

Dende a Fegamp, dámosvos traslado da seguinte iniciativa promovida por Equipo Europa en colaboración coa Oficina do Parlamento Europeo en España, animándovos a participar na mesma:

  •   Qué é #UnÁrbolPorEuropa?

            #UnÁrbolPorEuropa en Galicia, é unha campaña promovida por Equipo Europa en colaboración coa Oficina do Parlamento Europeo en España. Podes coñecer máis ao respecto desta campaña aquí

  •  En qué consiste a campaña?

            A campaña consiste na adhesión dos concellos ao seu compromiso: 

1.     Aumentar a conciencia social sobre a sostibilidade no ámbito local.

2.     Fomentar a colaboración entre as autoridades locais e a sociedade civil, en especial a mocidade, á hora de promover o desenvolvemento sostible.

3.     Recoñecer o papel fundamental da mocidade na consecución da sostibilidade local, pois o seu interese no desenvolvemento sostible, a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro e a conservación ecolóxica foi patente no último ano. 

4.     Plantar unha árbore por Europa no propio concello, compartindo unha fotografía do momento con Equipo Europa, para que quede constancia, enviándoa ao enderezo electrónico unarbolporeuropa@equipoeuropa.org, antes do 5 de xuño de 2021 (Día internacional do Medio Ambiente)

5.     Promover na comunicación institucional, web e redes sociais unha campaña para promover  a sostibilidade local e animar a outros alcaldes e alcaldesas a sumarse a esta iniciativa, usando o lema #UnÁrbolPorEuropa. 

  •   Como sumarse á campaña?

Accede ao formulario de adhesión, que poderás atopar na seguinte ligazón: https://equipoeuropa.org/unarbolporeuropa/

  •   Que obxectivo buscan cos concellos?

             O obxectivo é conseguir que tantos alcaldes e alcaldesas como sexa posible se unan a esta campaña antes do 5 de xuño do 2021, Día Internacional do Medio Ambiente.

             Xa se sumaron máis 250 alcaldes e alcaldesas de toda España, que xa plantaron 3400 árbores.