CARLOS FERNÁNDEZ E AGUSTÍN HERNANDEZ ASINAN O PROTOCOLO QUE ESTABLECE AXUDAS AOS CONCELLOS PARA A XESTIÓN DE RESIDUOS VOLUMINOSOS, POR VALOR DE PRETO DE 900.000 EUROS ENTRE 2009 E 2010



Santiago, 25 de novembro de 2009.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Carlos Fernández, asinaron esta mañá un protocolo de colaboración polo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destina 215.000 euros con cargo aos orzamentos do ano 2009 para favorecer a xestión de residuos voluminosos en 127 concellos galegos.

Se ben a vixencia deste acordo remata o vindeiro 31 de decembro de 2009, a Consellería reservou xa, nos orzamentos xerais desta Comunidade Autónoma para o ano 2010, unha partida de 644.000 euros destinados a darlle continuidade á colaboración coas entidades locais en materia de xestión de residuos voluminosos.

Hernández manifestou que a distribución dos fondos, que se vai levar a cabo mediante a sinatura dos conven